Cartel da xornada feminista arredor do campo de concentración de Padrón
Padrón, 16/04/2026 – MoradAura, a asociación feminista da comarca do Sar, celebra a III Xornada de Memoria Feminista arredor do campo de concentración de Padrón
Baixo o título “Onde habita a memoria” a III Xornada sobre Historia Democrática con Perspectiva de Xénero contará con poñentes expertas como Conchi López Sánchez, Encarna Otero e Iria Morgade.
A xornada terá lugar o próximo sábado 18 de abril ás 11h na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia. Organizada por MoradAura conta ademais coa colaboración do Concello de Padrón.
Esta Terceira Xornada anual de Memoria Feminista arredor da Azucreira mostrará a ausencia terrible de investigación sobre mulleres e como iso configura a memoria como pobo.
Durante a mañá do 18 de abril porase o foco no enriquecemento que dan as memorias minorizadas na construción da narrativa. O sábado 12 de abril ás 11h na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, escoitaranse os relatos e diálogos de expertas feministas en memoria democrática como Conchi López Sánchez, Encarna Otero ou Iria Morgade.
Baixo a premisa de que a memoria é xustiza e a xustiza é reparación, MoradAura quere convidar a todas as persoas interesadas a esta actividade de balde e na que haberá espazo para compartir e dialogar.
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/mulleresenpadronasocfeminista/
EMAIL: mulleresenpadron@gmail.com
