Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Memorandum contra a violencia machista

A Deputación da Coruña ven de presentar a curtametraxe Memorandum para concienciar da necesidade de loitar contra a violencia machista.
deputacion-contra-violencia-xenero-slide-28-outubro-2020_r

Bisbarra, 28 de outubro do 2020 – A Deputación da Coruña ven de presentar a curtametraxe Memorandum para concienciar da necesidade de loitar contra a violencia machista.

Memorandum é unha iniciativa da  área de Igualdade da Deputación e estase a difundir nos nos centros de ensino e na rede. Foi realizada baixo un guión de tres alumnas do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela, Xiana Villaverde Munín, Ainoha Caamaño Rey e Elisa Nieves Barreiro, dirixidas pola profesora María del Carmen García Ares.

Memorandum contra a violencia machista
Entrega do premio ás gañadoras

A curta gañou o VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero. Ademais dunha cantidade en metálico, o premio consistiu na realización profesional do audiovisual.

 

O xurado, composto por persoal especializado en igualdade e audiovisual, destacou do guión gañador a súa estrutura técnica e a boa execución do final nun traballo que “fai un retrato dunha realidade moi nosa, moi próxima, cunha trazabilidade histórica que visibiliza a realidade das mulleres”.

 O premio consistiu nun  curso práctico de realización de curtas, no que se produciu o vídeo que desenvolve o guión gañador, coas autoras como partícipes de todo o proceso. Así mesmo,  o centro educativo no que se titorizou o guión gañador recibiu 4.000 € polo premio.

 “O obxectivo desta iniciativa é animar á reflexión e sensibilización e, en definitiva, a prevención da violencia machista para o que é fundamental contribuír á igualdade desde a infancia e mocidade”, sinala  a deputada María Muíño  que inclúe o premio no conxunto de actividades que desde a área de Igualdade se dirixe ás persoas de menor idade “que son as que poden construír un futuro sen discriminación, en igualdade e na que non exista violencia contra as mulleres”.

Ademais deste “Memorandum”, no espazo audiovisual da área de Igualdade pódense ver as curtametraxes gañadoras de anteriores edicións do certame no que, segundo a deputada María Muíño, supón xa “un importante repositorio de materiais para debater e reflexionar nas aulas, que é o obxectivo desta iniciativa e das curtas que cada ano se premian”.

“Convidados de pedra” do IES Poeta Añón de Serra de Outes, gañou a primeira edición en 2014 e inaugura a colección de audiovisuais ao que lle seguen, Corazón amoratado” do IES Puga Ramón;  “O Túnel” do IES Moncho Valcarce das Pontes; e “Deámoslle voz”, nunha listaxe á que agora se incorpora “Memorando” e que inclúe tamén os vídeos gañadores do programa “Suprime o control” para a prevención da violencia machista.

Post navigation

Previous: VI Edición do concurso de fotografía A ciencia en imaxe que organiza a USC
Next: Denuncian que a RPT de Touro vulnera dereitos fundamentais

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.