Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Os mellores tiradores no concurso de triplos da SuperCopa

acb-concurso-triples-acb-photo-slide-10-setembro-2018_r

Compostela, 10 de setembro do 2018 – Pouco a pouco acércanse as datas nas que toda a bisbarra disfrutará cos SuperCopa de baloncesto en Compostela e unha das citas que inclúen é o concurso de triplos.

Jaycee  Carroll,  Kyle  Kuric,  Matt  Janning,  Kostas  Vasileiadis,  Matt Thomas, Alberto Corbacho,  Patricia Cabrera e Oscar Herrero medirán as súas habilidades no Fontes  do Sar o 22 de setembro ás 18:15. Son os mellores tiradores de triplos da ACB e buscaran ao mellor dos mellores.

ACB – Photo

O escolta do Real Madrid  Jaycee  Carroll volverá loitar por un título que xa conseguiu nas edicións de 2015 e 2016, chegando ademais á final nas de 2013 e 2014. No Fontes  do Sar estarán tamén o novo xogador do Barça  Lassa  Kyle  Kuric, o escolta do  Kirolbet  Baskonia  Matt  Janning, o beirado do  Monbus Obradoiro  Kostas  Vasileiadis e outros dous tiradores que coñecen ben os aros do pavillón santiagués: un dos reforzos do Valencia  Basket,  Matt Thomas, e o finalista da edición de 2016, Alberto Corbacho, que esta tempada defenderá as cores do  Delteco  GBC.

 Repite presenza Patricia Cabrera, xogadora do  BAXI Ferrol da liga Feminina que xa participou no último concurso, disputado en Gran Canaria, e onde deixou unha magnífica imaxe. Cabrera eliminou en cuartos de final a Rafa Martínez e caeu en semifinais por un espectacular 21 a 24 fronte ao que acabaría proclamándose campión,  Marcus Eriksson. O xogador sueco está a se recuperar actualmente dunha intervención no seu xeonllo dereito.

 O oitavo participante será Oscar Herrero. Ven de gañar o concurso popular organizado por  KIA a través da web  Kiaenzona. De 300 vídeos enviados seleccionáronse 100 participantes que esta fin de semana enfrontáronse no pavillon GoFit de Vallehermoso. Herrero segue os pasos de  Gerard  Jofresa, que en Gran Canaria 2017 converteuse no primeiro participante popular na historia do Concurso de Triplos.  Jofresa asinou a mellor puntuación da pasada edición (26) e foi capaz de alcanzar a semifinal, caendo no desempate fronte a Lucio  Redivo.

 O Concurso de Triplos da  Supercopa de Santiago terá lugar o sábado 22 de setembro ás 18:15 horas, xusto unha hora antes da gran final (19:15).

Post navigation

Previous: Mandingo, aínda con Jet Lag, fálanos hoxe de Mon and Dad, Chappaquiddick e a serie Rick and Morty
Next: Melide renova  as axudas a natalidade

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.