займ срочно

Melloras na seguridade viaria e no abastecemento da Baña coas axudas da Deputación

0

A Baña, 7 de marzo do 2022 – O Plan Único da Deputación da Coruña destina 241.029 euros para mellorar a seguridade viaria e o servizo de abastecemento no concello da Baña.

A aportación da Deputación chega ao cen por cen da inversión en estas melloras. Trátanse de  tres actuacións de pavimentación e ampliación de vías no termo municipal e a dotación dunha rede de abastecemento de auga no lugar de Emes, na parroquia de Barcala.

Melloras viarias

Dentro das actuacións financiadas pola Deputación no municipio atópase a mellora de accesos entre Cores e Lameiro. Unha iniciativa para a que o ente provincial destina 67.160 euros e que contribuirá a incrementar a seguridade viaria na contorna, que conta cunha pavimentación deteriorada polo que se procederá a súa reposición con aglomerado en quente. Os traballos  ampliarán ademais a vía en dirección Lameiro.

A institución provincial tamén financiará con 69.515 euros a pavimentación dos ramais da Tarroeira e Trasbarcala-Lte Negreira. Unhas estradas que contan cun abundante tráfico e que cuxo firme comezou a deteriorarse polo que se propón unha pavimentación con dous regos asfálticos.

Ambas actuacións inclúen a limpeza de beiravías e acondicionamento de tubaxes de pluviais e sinalización viaria. O seu prazo de execución fíxase en tres meses.  As obras atópanse en fase de licitación e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 21 de marzo.

Por outra banda, a Deputación aporta 56.270 euros para financiar o proxecto de mellora da seguridade viaria en Lañas e Fiopans. A iniciativa permitirá pavimentar unha estrada en Lañas, unha vía que conta cun carácter estratéxico no municipio ao ser amplamente utilizada pola veciñanza. Tamén se acondicionará o firme de dous ramais de formigón en Vilar da Torre e Vilar de Suso. As medidas inclúen a limpeza de beiravías. As obras, que se atopan en fase de licitación ata o 22 de marzo, contan cun prazo de execución de tres meses.

Abastecemento

Dentro das propostas a desenvolver na Baña, a Deputación licita por 48.084 euros o abastecemento de auga no lugar de Emes, na parroquia de Barcala. A través deste investimento a institución provincial colabora co Concello para dotar a unha poboación duns 70 habitantes dun servizo de subministración de auga municipal. Unha vez estea instalada a prestación, reporanse os firmes afectados pola actuación. O prazo de execución do proxecto é de tres meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 21 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies