Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

O Concello de Frades inviste máis de 90.000 euros na mellora en catro aldeas do municipio

Unha das estradas arranxadas en Frades

Frades, 29/05/2026 –  O Concello de Frades vén de rematar as obras de mellora dos accesos a catro aldeas do municipio: Igrexa (Moar), A Quinta (Papucín), Auga Santas-Aboi (Céltigos) e Os Loureiros (Vitre).

Unha actuación na que investiu 92.420 euros e que permitiu arranxar más de 2 quilómetros de estradas, equivalentes a unha superficie de 10.285 metros cadrados. O maior desembolso económico tivo lugar na parroquia de Moar, onde o Concello de Frades acometeu a mellora da capa de rodaxe dunha estrada de 1 km de acceso á aldea de Igrexa con triplo tratamento asfáltico, así como a mellora dun entronque de 140 metros cadrados.

No caso dos accesos a Quinta, na parroquia de Papucín, ademais de mellorar a capa de rodaxe levouse a cabo a reconstrución dun muro de pedras graníticas, realizado con todas as medidas de seguridade establecidas para evitar afeccións sobre o río. En ambos accesos mellorouse tamén a seguridade viaria coa colocación dun sinal de Stop.

Finalmente, nos casos dos accesos a Augas Santas-Aboi e Os Loureiros, acometéronse actuacións de mellora da capa de rodaxe en dous viarios divididos en varios treitos. A maiores, na parroquia de Vitre tamén se executou un muro de escolleira e se colocou un sinal de Stop. Todas estas actuacións están incluídas no Plan Único de Concellos POS+2025.

Post navigation

Previous: Compostela repara 200 bancos na Alameda
Next: Aida Fernández Riós, Científica Galega do Ano, nos Luns do Ateneo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.