Val do Dubra, 21/10/2026 – O Concello de Val do Dubra acomete melloras nun dos xacementos máis interesantes da bisbarra, o coñecido como Pedra do Home e situado en Portomouro, Un lugar integrado en Compopstela Rupestre da que forman parte varos concellos.
A intervención nos interiores de Pedra do Home, na parroquia de Portomouro, supón unha importante mellora da contorna, cunha superficie de actuación de aproximadamente 1.400 metros cadrados. Os traballos contemplan a execución dun pavimento de formigón, acompañado de franxas laterais de adoquín de granito, combinando resistencia, funcionalidade e integración na contorna.
Baixo este pavimento canalizaranse as augas pluviais, coa instalación de sete pozos de rexistro e oito arquetas para acometidas, mellorando as infraestruturas deste espazo. A obra, denominada Acceso Pedra do Home, está incluída no POS+ Adicional 2 de 2024 e conta cun investimento de 109.420 euros.
Desde o Goberno municipal explícase que “esta actuación enmárcase na aposta pola recuperación e posta en valor dos núcleos de Val do Dubra, ampliando e mellorando os espazos comúns para facelos máis agradables, funcionais e pensados para as persoas·.
Con intervencións coma esta, o Concello reafirma o seu compromiso cun modelo de municipio que coida os seus núcleos, mellora as infraestruturas locais e favorece a convivencia veciñal, contribuíndo a conservar e dinamizar os espazos que forman parte da identidade de Val do Dubra.

Pedra do Home
Na web de Compostela Rupestre lemos que “ A Pedra do Home ou Pedra dos Mouros é un afloramento granítico no que se atopan tres sarcófagos antropomorfos labrados en roca. Situanse nnun lugar elevado, un excelente mirador natural sobre o val que forma a confluencia dos ríos Dubra e Tambre”. Algúns veciños lembran que existían ata una ducia de sarcófagos, pero que na década dos cincuenta foron dinamitados por un tal “Xan do Romaño” na procura dun tesouro mencionado na tradición oral da zona..
