Brión, 6 de agosto do 2021 – Unha sesión extraordinario do pleno municipal de Brión aprobou unha modificación de crédito de 81.000 euros destinados á mellora viaria de catro aldeas do concello.
Son dous proxectos que atinxen ás aldeas de Cabo, A Graña, Ombre a Ardións. O primeiro dos plans pertence ao Complementario 2021 e o segundo será financiado con fondos propios.
A primeira parte dos traballos afecta aos lugares de Os Anxeles e Cornanda. Anchearase as estradas nas aldeas de Cao e A Graña cun investimento que supera os 283.000 €.
Por outra banda o Concello de Brión investirá 47.655,25 euros de fondos propios na mellora de camiños en Ombre (Viceso) e Ardións (Luaña).
Piscina e festivos locais
A sesión plenaria acordou fixar o xoves 26 de maio (Ascensión) e o martes 27 de setembro (Santa Minia) como festivos locais para o ano 2022. Finalmente, aprobouse a continuidade da actual empresa concesionaria da piscina municipal de Brión, cuxo contrato remata o vindeiro 15 de agosto e non é prorrogable.
O Concello de Brión, co respaldo da actual concesionaria (Aquafit), fará uso dunha das cláusulas do contrato asinado hai dez anos polo cal a empresa concesionaria poderá estar xestionando a piscina municipal mentres se decide se se saca de novo a concurso ou se o Concello asume a xestión directa da instalación, cun prazo límite de 6 meses. O alcalde, Pablo Lago, explica que “valoraremos a posibilidade de xestión directa das instalacións da piscina municipal”.