Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • O Pino
  • Xeral

Mellora da comunicación entre Boqueixón e O Pino

A Xunta colabora cos concellos na mellora do viario de Loureda ao aeroporto Rosalía de Castro

o pino boqueixon mellora conexion 14 arzo 2026jpg (1)

Boqueixón / O Pino, 14/03/2026 – O viario que une Loureda, en Boqueixón, co aeroporto de Santiago Rosalía de Castro, pasando polo Pino, ven de recibir melloras financiadas con aportacións de estes concellos e da Xunta de Galicia.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado dos alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e do Pino, Manuel Taboada; e pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobaron esta semana os traballos realizados a través da Orde de infraestruturas de uso público. 

Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón, destacou que “se trata dun proxecto conxunto co Concello do Pino para aglomerar, reforzar o firme e mellorar os entronques cos camiños forestais da estrada que conecta Boqueixón co Pino, á altura do aeroporto. Unhas actuacións que buscan mellorar a seguridade viaria, facilitar o acceso ás zonas rurais e reforzar a conectividade entre ambos municipios grazas ao apoio da Xunta de Galicia”.

Obras

As obras tiveron lugar nun viario de 1.930 metros, 1.550 metros en Boqueixón e 380 metros no termo municipal do Pino. En ambos os dous tramos procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes do viario, cuxa capa de rodaxe foi mellorada grazas a 5 centímetros de aglomerado en quente. No caso concreto de Boqueixón, procedeuse tamén a un fresado previo sobre un ancho de 1,5 metros dende a beiravía, para mellorar a seguridade viaria.

A maiores, en Boqueixón realizouse unha actuación especial nos entronques cos camiños forestais, que foron acondicionados con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo para rematar cun aglomerado en quente de 4 centímetros, o pintado da liña de borde da estrada e a colocación da correspondente sinalización horizontal e vertical nestes entronques.

No tramo correspondente ao Pino, realizouse un bacheo previo do viario con 10% de grava e tratamento asfáltico semiprofundo, previo ao aglomerado en quente en toda a estrada. Así mesmo, procedeuse a pintura do borde da vía e do eixo da estrada.

Accesibilidade ao rural

Segundo sinalou o conselleiro, o obxectivo é facilitarlles aos concellos o acondicionamento das vías públicas, coa correcta drenaxe das augas pluviais e garantir así a accesibilidade nas mellores condicións aos núcleos rurais da contorna.

Nesta liña, Diego Calvo salientou que precisamente a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, está destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes “co obxectivo de garantir o equilibrio territorial e que a poboación galega teñan unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia”, apuntou.

As achegas concedidas a través desta orde poden cubrir ata o 80% do gasto de creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O pasado ano esta medida permitiu impulsar 103 proxectos municipais en toda Galicia, 34 deles na provincia da Coruña.

Diego Calvo incidiu tamén no carácter prioritario que teñen os proxectos presentados de maneira conxunta por varios concellos, como foi o caso da proposta de Boqueixón e O Pino, xa que o feito de incentivar as diferentes fórmulas de xestión compartida na prestación dos servizos públicos permite promover unha xestión eficaz e eficiente, así como rendabilizar os recursos das administracións.

Apoio específico aos concellos

Ademais, lembrou que, a maiores da orde de infraestruturas de uso público, o Goberno galego abre cada ano diversas liñas específicas para os concellos, como o Fondo de Compensación Ambiental, que este exercicio aumenta o orzamento a 11,4 millóns de euros, ou a liña de apoio a proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, cunha dotación que tamén medra en 2026 e ascende a 10 millóns de euros. A elas súmase o Fondo de Cooperación Local, que segue subindo e chega a 187 millóns de euros, un 12% por riba de 2025.

O conxunto das medidas de apoio ao eido local permitiu o pasado ano impulsar preto dun milleiro de proxectos en toda Galicia promovidos por concellos ou por entidades veciñais. Neste marco de acción, o Goberno galego investiu nos últimos anos preto de 700.000 euros no Pino e máis dun millón de euros en Boqueixón.

Post navigation

Previous: A Deputación destina colabora no mantemento dos CSC de Santiago
Next: Percebes, Furada Negra e Alboroque protagonizan o palmarés da XXI edición da MICE

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.