Melide, 28 de febreiro do 2017 – Melide instalará na próxima semana dez novos puntos de recollida de vidro en varios puntos do casco urbano e do rural.
Dende o Concello de Melide trabállase na mellora das liñas de actuación medioambiental, así o expresa a súa alcaldesa, Dalia García, quen avanza que “queremos sensibilizar a poboación da importancia de ter actitudes responsables de cara o medioambiente; sendo un pequeño xesto o da reciclaxe de vidro e aceites son pasos moi grandes para contribuír a educación dos máis cativos aprendendo a realizar a separación do lixo e posterior deposito naquel contenedor habilitado ao efecto”.
En colaboración con EcoVidro e coa Consellería de Medioambiente instalaránse nas próximas semanas dez novos puntos de recollida de vidro para incrementar o número de toneladas recollidas na vila.
Por outra banda, actuaráse tamén na recollida de aceites de cociña usados. Haberá tres novos puntos de depósito, ademais de instalar no Punto Limpo de Melide un lugar específico para a recollida de envases de aceite usados de máis capacidade co fin de contribuir a elevar a cantidade de litros reciclados ao ano.
Melide recolleu durante o ano 2016 un total de 2.600 litros aproximadamente, o que significa que aínda hai moito que mellorar pero cada vez máis a veciñanza é máis consciente da importancia do reciclaxe.