Melide, 13 de xuño do 2017 – Dentro do plan posto en marcha en colaboración con outras administracións o goberno municipal de Melide atopou un novo vertido no río Furelos sen que se coñeza ata o momento a procedencia.
Melide ven de intensificar o control sobre o cauce do Río para detectar posibles causas que empobrezan a calidade ambiental do propio río. Dentro do plan especial posto en marcha polas diferentes administración (sanidade, medioambiente e Augas de Galicia) a sorpresa foi maiúscula ao detectar cerca do mediodía un vertido incontrolado na zona de baño do río Furelos do cál se descoñece a procedencia certa.
Ao lugar desprazáronse varios efectivos da Xunta de Galicia, en concreto, a técnica de Plan de Vertidos que xa estaba a realizar comprobacións no propio marxe fluvial xunto con gardas medioambientáis. Dende o goberno local denuncian a mala praxe da man humana unha vez máis, pedindo á toda a veciñanza concienciación para evitar este tipo de malas prácticas que prexudican a todos.
Nos próximos días, se contará cos análises da auga do río Furelos o que derivará en datos sobre o compoñente biolóxico do vertido para poder seguir investigando. Por outra banda, como xa informou a alcaldesa de Melide, Dalia García, se seguirán levando a cabo as medidas propostas tanto por Saúde Pública como por Augas de Galicia para detectar cal é o motivo e de onde proveñen este tipo de actuacións prexudiciais para o medioambiente; fontes municipais sinalan que non pararán ata dar coa orixe do problema, condenando activamente este tipo de “atentados ambientais”.