Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Melide
  • Toques
  • Xeral

En setembro comeza a funcionar o servizo de atención temperá na bisbarra de Melide

Melide, Arzúa, Santiso, Toques e Vilasantar contarán con servizo de atención temperá a partir do vindeiro mes de setembro.
teo-posta-en-marcha-do-servizo-de-atencion-tempera-slide-7-setembro-2018_r

Bisbarra, 22 de agosto do 2022 – Melide, Arzúa, Santiso, Toques e Vilasantar contarán con servizo de atención temperá, de xeito gratuíto, a partir do vindeiro mes de setembro.

O servizo de atención temperá contará con psicólogo/a, logopeda e terapista ocupacional. O obxectivo e atender as necesidades da poboación de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos.

Os concellos implicados asinaron un convenio para optar de xeito conxunto ás subvencións autonómicas nesta materia. O seu horario de funcionamento será de luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h. Todo o servizo será gratuíto, e prevese a súa entrada en funcionamento ao longo do mes de setembro.

Serán as e os pediatras os que deriven aqueles/as pacientes que requiran deste servizo ao mesmo. Con este fin, desenvolverán os diagnósticos correspondentes e, no caso de confirmar a sospeita sobre a existencia dun trastorno, derivarán o menor e á familia ao equipo correspondente.

A atención temperá engloba o conxunto de intervencións orientadas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna desta, co obxectivo de atender as necesidades derivadas de trastornos de desenvolvemento ou do risco destes. Estas intervencións procuran o desenvolvemento da autonomía e a consecución da súa inclusión social, tanto a través da atención das necesidades transitorias como das permanentes.

Post navigation

Previous: Boqueixón convoca axudas para as entidades sen ánimo de lucro do municipio
Next: A Estrada adxudica a mellora da vía entre San Tomé de Ancorados, Remesar e Loimil

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.