займ срочно

Melide retira os niños de cegoña da Igrexa parroquial

0

Bisbarra, 31 de xaneiro do 2023 – O concello de Melide colabora coa Igrexa na retira dos niños de cegoña situados na capela do Sancti Spiritus, en pleno centro da vila.

Os niños de cegoña están situados na cornisa da torre do campanario no cupulín. A súa retirada é precisa por motivos de seguridade xa que existe o risco de desprendemento, tanto polo tamaño como polo peso.

A cegoña é unha especie protexida polo que para a retirada dos niños foi precisa a autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, concedida tras a petición realizada desde o concello de Melide.

Na retirada colaborou de balde a empresa local, Suministros Industriais Cire que facilitou a maquinaria necesaria para acceder ao campanario da Igrexa parroquial.

A cegoña engade cada ano material ao niño polo que estes poden chegar a superar os dous metros de diámetro e os douscentos quilos de peso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies