Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

O colexio Martagona reclama reformas

Melide ven de enviar á Xunta de Galicia 1.300 sinaturas recollidas pola Asociación de Nais e Pais do colexio Martagona reclamando reformas fundamentais.
melide-reclamacions-colexio-martagona-slide-normal-10-maio-2023_r

Bisbarra, 10 de maio do 2023 – O concello de Melide ven de enviar á Xunta de Galicia 1.300 sinaturas recollidas pola Asociación de Nais e Pais do colexio Martagona reclamando reformas fundamentais.

A ANPA do CEIP Martagona de Melide preparou un escrito no que reflicte necesidades urxentes de investimento no centro escolar. O documento acompáñase de 1.279 sinaturas recollidas pola comunidade educativa, así como das de 15 membros do claustro do colexio que apoian a reivindicación nun comunicado.

As reclamacións da ANPA céntranse en tres problemas que o centro arrastra dende hai uns 15 anos sen que se teñan acometido os traballos de arranxo necesarios. O primeiro destes problemas é a necesidade de substitución do actual muro perimetral. O seu estado é moi deficiente e pode mesmo representar un perigo para o alumnado nalgúns tramos, con desprendementos de formigón e ferro á vista.

A segunda das reclamacións atinxe ao estado da pavimentación. A falta de mantemento causou a aparición de fochancas que se reparten polas pistas de xogo utilizadas durante os recreos e nas aulas de educación física, e pola entrada do propio centro. Resultan especialmente problemáticas durante os días de choiva.

Coa choiva ten que ver precisamente a terceira das reclamacións que se concreta na construción dun patio cuberto, ante a falta de dispoñibilidade actual dunhas instalacións no centro que permitan o desfrute do tempo de recreo en días de choiva e frío.

O CEIP Martagona conta cun alumnado formado por 141 persoas, e só os estudantes do segundo ciclo de infantil dispoñen dun ximnasio para o uso cando as condicións climatolóxicas non son favorables. Os 110 alumnos e alumnas de educación primaria carecen dun lugar apropiado para o xogo libre durante o recreo neses días, tendo que empregar corredores e aulas de estudo onde non poden xogar con balóns nin realizar actividades físicas. Actualmente, 7.000 metros cadrados dos 8.336 que conforman o solar están en desuso e poderían ser empregados para a construción do patio.

A ANPA remata o seu escrito convidando ao conselleiro de Educación a visitar as instalacións e coñecer de primeira man o deteriorado estado de conservación do centro escolar e as súas carencias.

Reclamacións do Concello

Non é esta a primeira vez en que o Concello de Melide informa á Xunta sobre o deficiente estado das infraestruturas educativas. O pasado mes de febreiro remitiuse un escrito á Consellería alertando das eivas estruturais existentes, alén de no propio centro Martagona, no CEIP Nº1 e no Mestre Pastor Barral. Estas deficiencias foron detectadas grazas ao contacto constante do Concello coa comunidade educativa.

Ademais das reclamacións do CEIP Martagona, idénticas ás que agora reiteran dende a ANPA, o Concello informou naquel escrito de que o CEIP Mestre Pastor Barral precisa dun arranxo do tellado para evitar as recorrentes filtracións. Igualmente, precisa que se peche a pista polideportiva cuberta para permitir o seu uso en inverno.

Pola súa banda, no Colexio Nº1 é necesaria a reforma da zona deportiva exterior ante o mal estado en que se atopa e a obsolescencia do seu equipamento. Tamén se require o asfaltado da área perimetral, que se utiliza como espazo de recreo, e a reforma dos baños.

O Concello de Melide continuará en contacto coa comunidade educativa para facer partícipe á Xunta de Galicia de todas as necesidades existentes nos centros de ensino, e acometendo aqueles traballos de mantemento que resulten da súa competencia.

Post navigation

Previous: Eleccións 23 : 10 de maio
Next: A Gentalha do Pichel volve coa Festa do 17 que se celebra o 13

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.