Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Melide
  • Xeral

Melide comeza hoxe coas actividades de Entroido

O concello de Melide disfruta desde hoxe venres de cinco días de actividades de Entroido para toda a veciñanza.
melide-entroido-slide-17-febreiro-2023_r

Bisbarra, 17 de febreiro do 2023 – O concello de Melide disfruta desde hoxe venres de cinco días de actividades de Entroido para toda a veciñanza.

O Conservatorio de Música de Melide arrinca a programación co seu Concerto de Entroido. Hoxe venres 17 ás 20h no Centro Sociocultural Mingos de Pita.

Mañá, sábado 18, terán lugar tres actividades distintas. De 17h a 19h, a Praza das Coles acollerá unha fantástica Festa Infantil de Disfraces con xogos, baile, música e obradoiros. No caso de choiva, a actividade trasladaríase ao Pazo de Congresos. Tamén ás 17h terá lugar no Centro Social a actuación de Suso de Boente. Ás 19h, o Pasarrúas de Entroido saíra da praza do Convento acompañado polo Folión Gaiteiro de Herba Grileira. Percorrerán as rúas da vila e rematarán cunha espectacular foliada na praza das Coles, durante a cal se ofrecerá unha degustación de produtos típicos do Entroido.

Concurso de disfraces e desfile

O domingo 19 terá lugar o Concurso de Disfraces de Melide, co tradicional desfile das e dos participantes, que partirá ás 17:30h do Cantón de San Roque, onde previamente terá lugar a recepción dende as 16:30h. O concurso celebrarase ás 18:30h no Pazo de Congresos. Se chovese, o desfile cancelarase e a recepción comezaría ás 17:30 no Pazo de Congresos.

Nesta ocasión, son tres as categorías a concurso, cun primeiro e segundo premio para cada unha delas. Na categoría comparsas participarán grupos de máis de oito participantes. O1º Premio será de 1.000 €, e de 700 o segundo. Na categoría de grupos tomarán parte grupos de 3 a 8 participantes, cun primeiro premio de 400 € e un segundo de 300. Na última categoría, a individual ou por parellas, haberá tamén dous premios. O primeiro será de 150 euros, e o segundo, de 100.

A inscrición no concurso permanece aberta ata as 14h do vindeiro xoves 17 de febreiro. Pode realizarse no Departamento de Cultura do Concello. Tamén poderán efectuarse inscricións antes de comezar o desfile, en horario de 16:30h a 17h, aínda que neste caso non se poderá escoller a música para o pase polo escenario.

O xurado do concurso, conformado por membros das asociacións e entidades municipais vinculadas á cultura e tradición, terá en conta aspectos como a orixinalidade do disfrace, o vestiario, a maquillaxe, a coreografía e música ou a posta en escena, así como o traballo feito a man na confección do disfrace.

Luns e martes de Entroido

O luns 20 de febreiro as e os melidaos máis novos teñen unha cita na Festa de Inchábeis do Pazo de Congresos, de 16h a 20h. Ademais, e de luns a mércores, o Edificio Multiusos acollerá uns talleres de entroido para nenas e nenos de 4 a 12 anos. As inscricións poden facerse no Departamento de Cultura do Concello.

O martes 21 de febreiro, o Pasarrúas do Entroido, acompañado de Gaiteiros do País, partirá ás 19h da praza do Convento. Rematará na praza dos Coles, onde actuarán as Viqueiras de Ordes cos seus cabezudos. As e os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de doces e chocolates.

Ás 21h procederase á lectura do pregón e á queima do Entroido, póndose punto final a unhas celebracións coas que Melide recupera esta festa con plena normalidade. 

Post navigation

Previous: O proxecto dun vertedoiro en Val do Dubra deberíase parar por “seguridade xurídica”
Next: O Barrio do Campo en Silleda líbrase da instalación dunha gasolineira

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.