займ срочно

Melide avanza na pavimentación dos núcleos rurais

0

Bisbarra, 17 de marzo do 2023 – A Xunta de Goberno do concello de Melide ven de aprobar a licitación, por procedemento aberto simplificado, da pavimentación de dez núcleos do rural.

Son unhas obras de mellora que forman parte do Plan de Obras e Servizos adicional do 2022 da Deputación da Coruña. Un investimento que supón para Melide cerca de 345.000 euros.

Dos núcleos rurais que serán mellorados destacan os das parroquias de O Barreiro e San Salvador. As intervencións, todas elas en aglomerado en quente, localízanse nos seguintes puntos do termo municipal: acceso ao Mato e ao Barreiro, acceso a Goxán e a Andeán na parroquia de San Salvador, a pista do Formigueiro na parroquia de Grobas, accesos ao Vilar e Trasfontao na parroquia de Moldes, acceso a Zaramil pola Martagona, accesos á Cooperativa e a Rúa Marqués Mariano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies