Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Melide reclama da Xunta máis investimentos nos centros educativos

O Concello de Melide vén de reclamarlle á Xunta unha serie de investimentos urxentes nos centros educativos do municipio.
melide-centros-educativos-slide-15-febreiro-2023_r

Bisbarra, 15 de febreiro do 2023 – O Concello de Melide vén de reclamarlle á Xunta unha serie de investimentos urxentes nos centros educativos do municipio.

No transcuros das últimas reunións mantidas entre a concelleira de Educación, María Jesús Iglesias, e as ANPAS dos centros educativos, así como nas inspeccións levadas a cabo, identificáronse e recolléronse varias necesidades urxentes que agora se reclaman da Xunta. Algúns investimentos demandados desde hai anos.

O Concello de Melide fai esta reclamación á Xunta ao amparo do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que o Goberno galego presentou en 2021. Segundo este documento, onde a Xunta se comprometía a actuar no 40% dos centros escolares de Galicia antes de rematar o 2024, os CEIPs deben transformarse seguindo unhas directrices xerais de ampliación, rehabilitación integral, ou intervencións en fachadas e cubertas. Dentro do Plan recóllese tamén a creación de espazos de socialización como patios e pistas multideporte cubertas, de forma que poidan adaptarse ao uso durante distintos períodos do ano con normalidade.

Melide reclama para o Colexio Nº1 a reforma da zona deportiva exterior, que se atopa en mal estado e conta cun equipamento deportivo obsoleto. Do mesmo xeito, o desgaste da zona perimetral, que se emprega como espazo de recreo, fai necesario levar a cabo un asfaltado da mesma. A reforma dos baños é outra necesidades do colexio.

No tocante ao CEIP Martagona, o Concello a construción dun patio cuberto ou pista polideportiva de idénticas características, unha demanda realizada en varias ocasións ao longo dos últimos anos. Trátase do único colexio melidao que non dispón dun espazo cuberto para a práctica deportiva, o cal limita moito as actividades de ximnasia cando o tempo non acompaña. Por outra banda, e no mesmo centro de ensino, é notable o deterioro que presenta o valado do perímetro, comprometendo mesmo a súa estabilidade e representando, por tanto, un risco para a seguridade. O Concello pide igualmente que se acometa unha reparación nesta infraestrutura.

Por último, no CEIP Mestre Pastor Barral é necesario arranxar o tellado do centro. O equipo directivo advirte da existencia, dende fai anos, de filtracións. Por outra banda, é necesario pechar a pista polideportiva cuberta, de forma que o uso en tempada de inverno sexa máis cómodo.

Pola súa banda, o Concello de Melide levou a cabo nos últimos tempos máis de 150 intervencións de mantemento, dentro das súas competencias, coa inmediatez necesaria. A interlocución fluída cos equipos directivos e as ANPAs facilita a identificación das necesidades dos centros, permitindo un mantemento axeitado que axude a garantir que o ensino en educación primaria e infantil se dea nas mellores condicións para as nenas e nenos.

Post navigation

Previous: O ensanche de Compostela leva meses esperando o arranxo duns contedores subterráneos
Next: Presentase o último tramo da Vía Verde que unirá Compostela con Cerceda

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.