Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Melloras para o Auditorio Mingos de Pita en Melide

Este outubro o concello de Melide afrontará a renovación da maquinaria escénica do Auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita.
melide-melloras-auditorio-normal-10-outubro-2022_r

Bisbarra, 10 de outubro do 2022 – Ao longo de este mes de outubro o concello de Melide afrontará a renovación da maquinaria escénica do Auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita.

O investimento chegará aos 18.000 euros e porá solución ás carencias en equipamento escénico do auditorio, que ata o de agora non puido aproveitar todo o seu potencial.

As melloras permitirán converter o escenario nun espazo axeitado para actuar como importante contedor cultural. Incrementará ademais as posibilidades das actuacións que teñan lugar sen ter que recorrer ao alugueiro de equipamentos externos, reducindo deste xeito a achega económica que para o Concello supoñen as contratacións extraordinarias. O investimento redundará na comodidade das compañías e na calidade dos espectáculos.

A adquisición de nova maquinaria dotará o auditorio da estrutura necesaria para dar soporte a equipos de iluminación, son e tramoia. O equipamento escénico que se adquirirá comprende un sistema de colgado fixo co que dar soporte a aqueles elementos necesarios nas representacións que non forman parte da estrutura do auditorio.

O equipamento a mercar inclúe tres truss de aluminio triangular; dous polipastos eléctricos de cadea de 250 quilogramos; dúas varas electrificadas en tubo de aluminio cadrado de nove circuítos; dous adaptadores para elevar e suspender o truss; un mando de motor de armario fixo; un pantógrafo para fíos de cinta plana na vara de carga; unha liña de cinta plana de 18 circuítos de 25 metros; unha subministración e instalación de sinal de DMX no truss e un dimmer de seis canles.

O investimento para a adquisición de material será de 17.670,46 €. Desta cantidade, 6.926,82 € serán achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención para equipamento de maquinaria escénica concedida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O resto do investimento, aproximadamente dous terzos do total, será achegado polo Concello.

Post navigation

Previous: O Outono Códax Festival trae a Compostela ao xefe indio  Monk Boudreaux
Next: Piden no Parlamento a expropiación da Torre e o Pazo de Guimarei na Estrada

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.