Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Melide
  • Xeral

A XVII Foliada de Melide chegará a finais de abril

Melide organiza por terceiro ano consecutivo a Foliada de Melide que chega á decimo sétima edición con Xurxo Fernándes e Xosé Lois Romero como cabezas de cartel.
melide-foliada-slide-22-marzo-2024-(1)_r

Bisbarra, 26 de marzo do 2024 – O Concello de Melide organiza por terceiro ano consecutivo a Foliada de Melide que chega á decimo sétima edición con Xurxo Fernándes e Xosé Lois Romero como cabezas de cartel.

A Foliada de Melide naceu no ano 2005 como unha iniciativa da Asociación Cultural e Musical O Castelo e desde hai tres ano é o concello o organizador. A presentación da XVII edición correu a cargo do alcalde, José Manuel Pérez; a concelleira de Cultura, Mayka Basalo; o concelleiro de Economía, Xesús Pereira, e a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González. Tamén tomaron parte dous músicos de renome como Xurxo Fernándes e Xosé Lois Romero. No acto estiveron ademais representantes dos grupos socialista e popular da corporación local, Mónica Barral e Dalia García, respectivamente.

O encontro serviu para dar a coñecer o programa de actividades da XVII Foliada de Melide. Esta edición transcorrerá na última semana de abril, como vén sendo tradición, que neste ano se corresponde co sábado 27 e o domingo 28.

Un ano máis, a Foliada volve ser o escenario de actividades moi diversas que se estenden durante dous días, entre as que salientan concertos, o concurso de cantos de taberna, animación de rúa, mostras de artesanía e seráns.

As actividades comezan ás 11h do sábado, coa apertura da Mostra de Artesanía e Instrumentos na Praza do Convento e na rúa homónima anexa. Esta exposición permanecerá aberta durante toda a fin de semana, xuntando unha vintena de postos con instrumentos, traxe tradicional ou tallas artísticas en madeira, pedra ou coiro.

Media hora despois comezará a animación de rúa con xigantes e cabezudos acompañados dos Treboeiros de Muimenta, que encherán as rúas de cor. Ás 12h comezará o Concurso de Cantos de Taberna, un dos pratos fortes desta cita que acada así trece edicións. Os grupos participantes percorrerán os bares da zona vella. Este ano, por primeira vez, tomará parte un xurado conformado por profesionais da música e o baile tradicional. Os tres grupos gañadores recibirán unha cesta de produtos locais. A entrega de premios terá lugar ás 15:30h na Praza das Coles.

Á tarde, o programa prosegue cun novo pase dos Treboeiros de Muimenta e senllos obradoiros de baile, ás 17:30h para nenos e ás 18h para adultos, co bailador e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo. Colaborará en ambos os obradoiros Bico da Balouta, e terán lugar na Praza do Convento.

Ás 19h recuperarase outro dos clásicos da Foliada: a Marcha Gaiteira polas rúas da vila, que se enchen así de música e festa. Nesta ocasión haberá dez grupos percorrendo distintas rúas e prazas para converxer no cantón de San Roque. Dende alí o pasarrúas multitudinario avanzará ata a praza das Coles onde se celebrará o serán.

Este tradicional serán, que foi orixinalmente o xermolo de toda a festa da Foliada, celebrarase a partir das 19:30h na Praza das Coles. Unha noite de música e bo ambiente que xunta unha ducia de agrupacións musicais de Galicia e mesmo de fóra dela: os melidaos Froito Novo, Herba Grileira e Pozo Pequeno, xunto con Gaiteiros do Balado e O Bingo Birón (Toques), Palacio do Rei (Palas de Rei), A Maristela (Sobrado dos Monxes), Fol da Chousa (Santiso), O Bringuelo (Arzúa), A Rexouba (A Coruña), Airiños Galegos Doce Albor (Santurtzi) e A Casa da Troula (Rekalde).

A xornada do sábado péchase ás 23:30h co concerto de Ailá na mesma Praza das Coles. Unha proposta musical que xunta a tradición con novos ritmos e cores doutros lugares e culturas, representando o Tradi. Foi o grupo gañador dos premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional.

Domingo 28

A celebración prosegue con forza ao día seguinte. Ás 11h reabre a mostra de artesanía e instrumentos, e xusto a continuación, ás 11:30h, a banda gaiteira Arume de Malvas acompaña un novo pase de animación de rúa con xigantes e cabezudos.

Ás 12h, a capela de Santo Antón acolle a presentación do libro “Concha do Canizo. Este pandeiro que toco…”, o máis recente traballo da etnomusicóloga Xulia Feixoo no cal estuda as prácticas de transmisión oral protagonizadas polo pandeiro na Terra das Frieiras a través da historia da propia Concha reconstruída a partir de entrevistas e gravacións musicais inéditas.

Ás 13h volve actuar a banda de gaitas Arume de Malvas, pero desta volta na Praza do Convento. O conxunto naceu no ano 2011 en Tui como proxecto veciñal e musical que recollese a herdanza do grupo folclórico Terra de Malvas de tres décadas antes. Comezaron coa banda en 2014, e nesta década teñen percorrido Galicia e mesmo Bretaña.

A sesión vermú corre ás 14h a cargo de Pärbo, na Praza das Ichoas. O dúo está composto por dous referentes musicais como Begoña Riobó e Anxo Pintos. A primeira toca o violino e mais a arpa céltica e pon a voz no proxecto, mentres Pintos acompaña coa zanfona e o segundo violino.

Á tarde as actividades retómanse coa actuación infantil de Pesdelán, que utiliza a música ao vivo para ensinar bailes e xogos sinxelos. Conta con bailadores e mestres de varias formacións galegas e portuguesas. A actuación será ás 17h na Praza do Convento.

A seguir, celebraranse os Xogos Populares na Praza do Pozo Pequeno. Ás 18h arrincará esta Xornada de xogos tradicionais interxeneracional dirixida pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

Á mesma hora dá comezo a mostra de baile tradicional do Fiadeiro, na Praza do Convento. Esta asociación cultural e folclórica recolle e transmite o noso legado cultural cun espectáculo de melodías, cantos e bailes.

Concertos finais

A Foliada de Melide número 17 despídese con dúas actuacións de alto nivel para pór o mellor broche a dous días de celebración. Ambas terán lugar na Praza das Coles. Ás 19h comeza Xurxo Fernándes, un dos artistas máis singulares do panorama actual que innova desde a tradición, amosando unha visión única sobre as músicas de raíz. O seu espectáculo coral “Levaino!” é unha festa chea de tradición e exotismo que liga o Atlántico co Mediterráneo.

Ás 20:30h pechan a foliada Xosé Lois Romero e Aliboria. Este proxecto presenta o seu segundo disco, Latexo, unha das propostas de máis calidade dos últimos tempos en Galicia. Un espectáculo de canto e percusión a cargo de seis mulleres e catro homes que recolleu as mellores críticas.

O Concello de Melide convida a toda a cidadanía a celebrar esta XVII Foliada de Melide e volver converter a vila, durante 48 horas, na capital da música tradicional galega e da innovación cultural e musical.

Post navigation

Previous: Tractorada contra a balsa de Cornanda en Brión
Next: Ames renova a casa das colonias felinas

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.