Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Melide
  • Xeral

Melide prepárase para as Festas de San Roque

A Asociación de Festas de San Roque, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e Miguel e Tania de Escala Espectáculos 5.9, presentaron a programación das festas do San Roque 2023.
melide-festas-de-san-roque-slide-31-xullo-2023_r

Bisbarra, 31 de xullo do 2023 – A Asociación de Festas de San Roque, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e Miguel e Tania de Escala Espectáculos 5.9, presentaron a programación das festas do San Roque 2023.

As festas de San Roque terán lugar do 14 ao 22 de agosto e encherán a vila de actuacións musicais e actividades de ocio para todos os públicos. José Manuel Pérez, destacou “ o gran traballo realizado pola comisión de festas para acadar un completo programa que encherá a Melide de veciños e visitantes para desfrutar dunhas festas de San Roque que xa están consolidadas como unhas das festas grandes de Galicia”.

O luns 14 de agosto comezarán as festas coa actuación da orquestra Panorama. O día 15 será a quenda do grupo local de música tradicional Froito Novo, da charanga Mekanica Rolling Band e pechará o día unha das orquestras máis espectaculares do panorama nacional, a madrileña La Misión.

O 16 de agosto, día de San Roque, os protagonistas serán a Banda de Música de Agolada, A Coral Polifónica de Melide, o Grupo Bomba e a orquestra París de Noia. O espectáculo de circo “Glamping de SU.MA” fará as delicias dos máis pequenos na Praza do Convento.

A maxia chegará a Melide o 17 de agosto, da man do Mago Teto que ofrecerá o seu espectáculo “Rock “n” Magic”. O Grupo Los Coleguitas e a orquestra Cinema completarán a xornada.

O venres 18 de agosto continuarán as Festa do San Roque co tradicional Campionato de Tirapedras, o concerto da Banda de Música de Visantoña, o espectáculo infantil de Pakolas, a animación de rúa dos Festicultores Troupe e para finalizar a xornada a actuación da orquestra Olympus.

O sábado día 19 celebrarase o día da Bicicleta, unha actividade para toda a familia que xa ten data fixada no calendario das festas. Herba Grileira amenizará as rúas durante o día e pola noite o Grupo Extra encherá Melide de ritmos latinos. A verbena correrá a cargo da orquestra Marbella.

O domingo 20 de agosto celebrarase o día do río, onde terá lugar como é habitual unha festa campestre na Área Recreativa de Furelos, coa animación musical da charanga Era Visto. A Banda de Música de Arzúa e a orquestra Los Satélites completarán a xornada festiva.

O luns 21 de agosto a verbena correrá a carga da Orquestra el Combo Dominicano.   Como fin de festa, o martes 22 de agosto celebrarase o día do neno con diferentes atraccións para os máis cativos con prezos especiais, xeados e zumes gratis,

Post navigation

Previous: Toysal reuniuse coa alcaldesa de Teo para comunicar o peche da estrada da canteira da Casalonga
Next: Esta semana comeza o Noia Harp Festa

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.