Bisbarra, 23 de outubro do 2023 – O concello de Melide inaugurou a escultura “Be Welcoming” (“Sexan acolledores”), do canadense Timothy Schmalz, ao carón da capela de San Roque.

Ao acto acudiron o bispo da diocese de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o representante da diocese, Jesús Salvador López, o párroco de Melide, José Manuel Melle Parajuá e o alcalde, José Manuel Perez, entre outros.
A obra, inspirada na Carta aos Hebreos, é unha invitación á acollida cara aos que máis a miúdo soportan a indiferenza dos demais. A escultura, que chegou a Melide previa a doazón do filántropo John Studzinski á Diocese de Lugo, chegará segundo o autor “a todos os peregrinos dándolles a benvida para contemplar a espiritualidade oculta en cada un”.
Schmalz destaca demais que “a escultura tamén actúa como un monumento a todos aqueles peregrinos que percorreron este Camiño buscando o anxo oculto neles ao longo de moitos séculos”.
O alcalde Melide, José Manuel Pérez, agradeceu “a elección de Melide como sede permanente desta escultura, que vai quedar para a historia patrimonial da nosa vila, unha vila que naceu en pleno do corazón de Galicia grazas ao Camiño de Santiago.
