займ срочно

Domingos de Teatro en Melide

0

Bisbarra, 9 de marzo do 2023 – O Concello de Melide pon en marcha o ciclo de ‘Domingos de Teatro’ durante todo o mes de marzo e a primeira fin de semana do mes de abril.

Os Domingos de Teatro están enfocados a un público adulto e se representarán sempre as sete da tarde. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o escenario será o Centro Sociocultural Mingos de Pita.

A primeira das obras será da Compañía Estudo Momento con ‘1888. Señorita Xulia’ o 12 de marzo. Trátase dunha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 protagonizado por Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto. A obra reflexiona sobre a igualdade entre homes e mulleres, e entre distintas clases sociais. Presenta unha festa secreta na que a señorita Xulia, filla do Conde, seduce a Xoán, o criado predilecto deste, caendo nun perigoso xogo condicionado pola moral de dous mundos distintos.

O 19 de marzo represéntase a obra de teatro ‘Alma de tigre’, da Compañía Elefante Elegante. Esta peza evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas se filtran os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Á morte da nai, os fillos da familia reencóntranse na casa familiar para decidir o seu futuro, pero esta non quere deixalos ir.

O domingo 26 de marzo a Compañía Malasombra Producións trae ‘Bernarda’. Trátase dunha historia que reflicte o eterno choque xeracional, tan distinto segundo o lado en que un se atope. ‘Bernarda’ é, ante todo, unha historia universal onde todo o mundo pode verse reflectido.

O 2 de abril péchase o ciclo dos ‘Domingos de Teatro’ da man da Compañía Matrioshkas Teatro, que representan o seu ‘Comando Comadres’. Neste espectáculo en chave de humor destinado a público adolescente e adulto, un grupo de artivistas organizadas en distintos comandos poñen en evidencia as múltiplas manifestacións da violencia patriarcal. A obra cuestiona a persistencia destes valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies