займ срочно

Novo céspede e melloras para o campo de fútbol de Melide

0

Bisbarra, 13 de outubro do 2022 – A Xunta de Goberno Local de Melide ven de aprobar unha serie de melloras para o campo de fútbol da vila que inclúen a renovación do céspede.

Recentemente remataron as melloras nos accesos á instalación deportiva. A colocación do novo céspede terá unha duración estimada de catro meses, e contan cun orzamento de licitación de 191.529,59 €.

O céspede artificial co que conta actualmente o campo de fútbol ten máis de 14 anos de antigüidade, presentando un desgaste que fai recomendable a súa substitución. A manta orixinal cambiarase por unha nova sintética de última xeración, lastrado con area de sílice e caucho. As dimensións da capa serán de 96 metros de longo por 59 de ancho, con dous metros a maiores de bandas en laterais e fondos do campo. A superficie total estimada achégase aos 6.300 metros cadrados.

Cando remate esta intervención, o campo de fútbol poderá acoller partidos de fútbol 11 no lado longo do campo e de fútbol 7 no curto. Dado que se marcarán dous campos de fútbol sete, abrirase a posibilidade de que se disputen simultaneamente dous partidos desta modalidade deportiva.

O concelleiro de Deportes, José Prado, sinalou en relación con este proxecto que “é un paso máis na mellora de instalacións deportivas que levamos acometendo todo o mandato, unha vez detectamos que as infraestruturas deportivas de Melide necesitaban unha ampla actualización”. O edil explicou que “o polideportivo ou o campo de fútbol adoecían de falta de mantemento”, e por tanto “o Goberno local puxo en marcha unha serie de actuacións que nos permiten afirmar que estes anos están a ser os da modernización do deporte local”.

“Estamos moi satisfeitos das melloras realizadas grazas ao investimento continuo en todos os últimos exercicios”, engadiu Prado, quen rematou dicindo que “remataremos o antes posible estes traballos para o desfrute de todas e todos os melidaos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies