O tipo impositivo do Concello melidá pasará a partir do un de xaneiro de 2017 a un 0,48 o que supoñerá unha rebaixa no recibo da contribución para todos os veciños Melide.
Melide, 8 de novembro do 2016 – O goberno local que preside a alcaldesa de Melide, Dalia García, aprobou en pleno cos votos favorables do PSOE a modificación da ordenanza do IBI, en dous puntos, a rebaixa suporá un descenso no recibo do ano 2017 neste concepto.
O concelleiro de facenda, Luis Arias manifestou que dado o esforzo dos veciños de Melide ao terse realizado a regularización catastral, o goberno local prioriza o benestar e polo tanto propón esta baixada logo de terse regularizado un bo número de inmobles no municipio. No pleno da corporación deuse conta de que o tipo impositivo de Melide é un dos máis baixos da comarca en comparación con concellos límitrofes como Santiso, Toques ou Sobrado así como doutros concellos da misma magnitude.
A autonomía que respecto a este imposto ten o goberno local é limitada, xa que ten delegada a súa xestión na Deputación da Coruña e so pode modificar o tipo impositivo xa que o resto depende das leyes de catastro. A alcaldesa de Melide recordou que supoñerá unha revisión a baixa no próximo recibo da contribución do ano 2017 de todos os veciños de Melide, sendo conscientes de se trata dunha regularización obrigatoria que debería haberse realizado fai xa dez anos.
O goberno local fai unha previsión prudente sendo prioritario para o mesmo seguir prestando servicios de necesidade en todos e cada un dos rincóns do Concello de Melide, non desbotando o paulatino descenso do tipo impositivo, que quedará fixado nun 0.48 aínda que a lei prevé unha orquilla máxima do 1,3 e unha mínima do 0,4. Neste pleno, ademais se modificou a ordenanza de vehículos para adaptala ao estipulado pola Deputación da Coruña en canto a exención dos discapacitados así como a baixada interanual do IPC para a auga.