Melide, 7 de xaneiro do 2021 – O concello de Melide ven de automatizar o uso das pistas de pádel situadas no pazo de congresos e exposicións.
As pistas de pádel de Melide contará cun sistema automatizado de xestión e reserva que vai permitir á veciñanza poder utilizalas durante máis tempo e de maneira máis cómoda.
Tal e como explican dende a Concellaría de Deportes, dirixida por José A. Prado, “o que fixemos é ampliar en altura e en superficie o peche destas pistas para ter un acceso independente ao propio Pazo de Congresos o que vai a facilitar e modernizar a práctica deportiva na instalación”.
As persoas usuarias destas instalación poderán realizar as súas reservas e o pago mediante unha plataforma on line, a través da cal se lle dará acceso ás pistas mediante un código para abrir as portas, mentras que o sistema de iluminación tamén funcionara de forma automatizada.