Melide, 30 de maio do 2017 – A Xefa territorial de Sanidade, Cristina García xunto con persoal técnico desprazouse esta a Melide co fin de analizar a ultima cualificación da auga que se desprende das analíticas do Río Furelos.
A alcaldesa Dalia García, expuxo a situación actual do río Furelos e interesouse polas variables que se miden nos estudios de saúde pública co fin de detectar as causas de dita cualificación.
A zona de baño é unha área con correntes moi lentas o que fan que esta zona sexa moito máis favorable á hora de acumular lodos ou outro tipo de substancias que de non ser o caso discorrerían con normalidade polo leito do río evitando a sobrecarga de residuos que poidan danar a calidade da auga da zona de baño.
Despois de analizar o histórico dos análises que se levan a cabo por técnicos competentes da consellería de Sanidade como mínimo dúas veces ao mes, a Alcaldesa instou ás autoridades competentes a que estas analíticas se realicen no río Furelos nun período de tempo moito máis reducido co fin de poder controlar e ao mesmo tempo coñecer cales son as causas ambientais que poden ser determinantes para dita cualificación.
Dende Sanidade, así como outros departamentos da Administración autonómica teñen xa recabado información suficiente sobre todas as construcións que se encontran preto do cauce do Río Furelos na zona de baño así como outras actividades próximas que non se encontran localizadas no concello de Melide e que si afectan á conca do Río Furelos.