Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Sin categoría

Conmemoramos o Día dos Medios en Galego coas reflexións do xenetista Ágel Carracedo

O día dos medios en galego: Para eles Angel Carracedo Catedrático da Universidade de Santiago e Director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (SERGAS)
Angel-Carracedo-1-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • O día dos medios en galego: Para eles
    • Angel Carracedo
    • Catedrático da Universidade de Santiago e Director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (SERGAS)

O día dos medios en galego: Para eles

Angel Carracedo

Catedrático da Universidade de Santiago e Director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (SERGAS)

Fai anos entendín que os científicos non só tíñamos que investigar e dar clase no ensino superior ou conferencias en congresos, senón divulgar a ciencia e que chegara a xente tanto das cidades como do rural e particularmente aos mais novos, porque é a forma de que a xente entenda o que facemos, a cantidade de cousas que aínda non sabemos e de que poidan entender mellor o mundo que nos rodea.

Tamén pensei que para comunicar a ciencia en Galicia había que facelo en galego,  pero aínda que semellaba posible usalo na comunicación oral era moi difícil na escrita. Sempre me dicían:-“Pero se escribes en galego non che vai ler ninguén, nin tan sequera os galego falantes moito mais afeitos a ler en castelán”. Tal vez fora verdade pero é cuestión de afacerse. Unha vez o fas queda xa en sintonía o que les e o que falas e aínda por riba enriqueces o teu vocabulario e falas cada vez mellor.

Para divulgar ben a ciencia, que a xente desfrute dela e que algúns das nosas rapazas e rapaces queiran un día ser científicos, hai que chegar á xente e que te sintan un mais deles. Falar de cousas importantes pero dun xeito sinxelo. Por iso en todas as miñas charlas divulgativas en Galicia é o idioma que emprego, como trato de facelo nos idiomas que sei en outros países, porque proximidade e entusiasmo son claves na comunicación.

Supoño que son tempos complicados para os medios, nos que hai que saber adaptarse aos cambios e combinar formatos para chegar a todos, novos e vellos, pero non sabedes que importancia lle dou a que o fagades en galego, porque é a mesma historia: non só e importante para normalizar o uso da nosa lingua, para poñela en valor, senón para achegarse á xente e transmitirlle as novas que lle sexan de interese ou importancia. Parabéns polo que estades facendo. Tedes todo o meu recoñecemento e aprecio.

Nada mais cun consello. Vivimos nun mundo que cada vez vai mais apresa con novas que voan vertixinosamente (e non penso que é unha boa cousa). Un mundo de novas e novas pero non de información. Eu pediríavos poñer sempre pezas de información, e non me refiro só a ciencia nin moitos menos. Ao lado dunha nova de un xuízo explicade que é unha instrución, un sumario ou o código penal. Ao lado dunha estatística ou seu significado, cando se fala da COVID que é un virus, ou no seu caso que é o cancro. É unha maneira de que os nosos cidadáns aprendan e poidan analizar criticamente todo o que lle contan. En definitiva, un xeito de facelos mais libres.

Post navigation

Previous: Os últimos concellos apuran a aprobación dos Plans da Deputación
Next: Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, participa nas aulas dixitais

Máis novas

celebracion-medios-en-galego-slide-19-marzo-2021_r
4 minutes read
  • Axenda

Celebramos o Día dos Medios en Galego co streaming #MoitoqueSachar

Imagen patrion 1a
1 minute read
  • Sin categoría

4 mulleres no podcast de Lindeiros.gal

casalonga-baleirado-canteira-slide-22-outubro-2019-(2)_r
2 minutes read
  • Sin categoría

O máis lido da semana (7-13 novembro 2020)

4 minutes read
  • Sin categoría

Politica de Cookies

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.