Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Medio millón de euros para o SAF de Vedra

A xunta de Galicia inxectará cerca de 500.000 euros no servizo de axuda no fogar, SAF, en vedra ata o ano 2028

vedra xunta saf 1 marzo 2026

Vedra, 1/03/2026 – Un dos problemas dos que os concellos, en especial os máis pequenos, quéixanse desde hai tempo e o financiamento de servizos como o SAF. Competencias que non lles corresponden pero que ao ser cedidas teñen que afrontar en parte con fondos propios.

Vedra é un de eses concellos e a Consellería de Política Social e Igualdade tratará de paliar ese déficit cun investimento de case medio millón de euros ata o ano 2028. Así o anunciou a Conselleira Fabiola García nunha recente visita ao municipio,

García visitou o concello para reunirse co alcalde, Carlos Martínez, e saudar a Remedios Pereiras, veciña que ven de cumprir 102 anos e usuaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A Conselleira quixo avaliar de primeira man o impacto que ten o acordo asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que permitirá que os concellos poidan mellorar este servizo.

Fabiola García cualificou de “histórico” este acordo, xa que suporá un aumento do 50% da achega do Goberno galego ao SAF, o que supón que a Xunta inxectará 150 millóns de euros máis nos municipios nesta lexislatura.

En concreto, explicou que no caso do concello de Vedra, este acordo terá un impacto claramente positivo, posto que o incremento do financiamento da Xunta durante os tres anos de vixencia do acordo ascenderá a 486.000 euros.

Fabiola García apuntou que “as cifras evidencian o beneficioso que será este acordo” e pon de manifesto o compromiso da Xunta de Galicia coas Administracións locais e, en especial, con todos os dependentes galegos.

O labirinto normativo

A competencia da presentación do SAF é un dos debates constantes e no que a ambigüidade segue ganando a partida. A orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar establece que os concellos correspóndelles a “creación e xestión dos servizos sociais de atención primaria, entre os que figura o servizo de axuda no fogar”.

Esta definición parece deixar claro que os concellos terían a competencia pero a continuación, e sen nin un punto e seguido polo medio, o texto indica que á Xunta correspóndelle as competencias das “funcións de coordinación e ordenación normativa, así como de homologación, rexistro e control de centros e servizos” o que na práctica implica que a supervisión e autorización queda en mans da Xunta de Galicia.

No artigo 16 regulase tamén o financiamento pero, do mesmo xeito que sucede coas competencias, o único que queda claro e que, si faltan cartos, os concellos poden decidir que cantidade asumen e cal cargan aos usuarios.

En resumo a lei permite distintas interpretacións e xera un debate que prexudica á prestación do servizo.

Enlace á normativa https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090202/Anuncio5782_gl.html

Post navigation

Previous: Continua a licitación do transporte urbano en Compostela
Next: Suso de Toro “Substituído pola IA”

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.