Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Meco abrirá un ano máis o Entroido de Compostela

Este xoves presentáronse as actividades de Entroido de Compostela no que O Coro da Ra será o pregoeiro

compostela entroido 2026 6 febreiro (1)

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro, acompañada de integrantes do Coro da Ra, que estará a cargo do pregón deste ano, presentou a figura do Meco. Unha figura que abrirá o Entroido o sábado 14 de febreiro polas rúas de Compostela ata quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña.

O Meco vixiará o Entroido desde as alturas ata o día 18 cando descenderá para ser queimado na praza Roxa. No medio actividades de distinto tipo e un gran desfile e concurso de disfraces o martes 17.

Pilar Lueiro dixo na presentación que “Chegou a época máis divertida e irreverente do ano, uns días para mofarse ata dunha mesma”. A concelleira animou a gozar dunha “festa con desfiles, disfraces, personaxes singulares, tradicións únicas e gastronomía abundante”.

Lueiro engadiu que o Entroido “É un tempo de espírito participativo e ganas de divertirse” e agradeceu a participación ás comparsas compostelás xa que “non se entende o Entroido sen elas na cidade” e ás comisións de festas como a de Amio e a de Sar, así como as unións carnavalescas de parroquias do rural como Marrozos, Angrois, Aríns e o Eixo, pois “manteñen viva a tradición e grazas ao seu traballo fan que a veciñanza se divirta e goce cos seus coros, comparsas, vivas e atranques dos e das xenerais do Ulla”.

Na presentación participou tamén o director do Coro da Ra, Ramón Bermejo, xunto con dúas integrantes. Avanzou que será “un pregón reivindicativo, gamberro e transgresor” salpicado de intervencións do coro.

Este ano o Meco representa o Mercosur sentado sobre Galicia esmagándoa. “Un Meco que deixa ás claras o cinismo en estado puro e …hai que rirse por non chorar!!”, comentou Pilar Lueiro. O seu autor, José Manuel Méndez explicou que este ano elixiu aludir ás mobilizacións do sector agrario galego ante fronte á ameaza de competencia desleal do Mercosur coa denominación ‘Mercosur’.

A programación oficial comeza o sábado  co tradicional desfile do Meco que partirá ás 20 h da praza de Cervantes coas comparsas Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, acompañadas pola Charanga BB+ ata chegar ao Pazo de Bendaña, onde quedará instalado.

Pregón do Coro da Rá

Alí mesmo, na praza do Toural, o sábado ás 20.30 horas dará o pregón o Coro da Ra. Un pregón “coral, con enerxía, actual, versátil, diverso e divertido”, en palabras de Pilar Lueiro, quen agradeceu a este grupo con tres décadas de historia Coro da Rá que aceptara o reto para abrir o Entroido compostelán coa súas brillantes voces a capella e espazo para humor, a retranca e a ironía.

O domingo 15 Os Conformistas de Conxo encargaranse da animación de rúa durante a mañá (de 10.30 a 14.00 horas) nun percorrido que irá da residencia de maiores da Volta do Castro á rúa do Franco. O mesmo día, o Obradoiro de Cultura Tradicional (OCT) Ultreia levará o Entroido de Mazaricos ás prazas do Toural (12.00 horas), Praterías (12.30h) e Cervantes (13.00h).

Festival infantil de disfraces

O domingo pola tarde a Sala Capitol acollerá o festival infantil de disfraces dende as 17.00 horas, con animación a cargo de ‘A Run Run: Entroido a toda máquina’. A entrada é libre, con participación de nenas e nenos de ata 14 anos. E de 16.30 a 17.45 horas estarán abertas as inscricións para o concurso de disfraces nas categorías de grupo, parella e individual. Ás 18.00 horas haberá animación, baile, sorteo de agasallos, concurso de disfraces e premios.

Namentres, a Charanga Os Bandiños e a Comparsa A Ruliña de Laraño animarán as rúas da zona vella entre as 18.00 e as 20.00 horas.

Xa o luns, a Charanga TNT xunto cos Armatroulas de Laraño encherán de música e cor as rúas dende praza Roxa ata San Pedro nun pecorrido que durará de 18.00 a 20.00 horas. Á mesma hora partirán a Fanfarria Farruxa e a Comparsa de Maruxas e Coralias da praza de Salvador Parga nun percorrido circular polo casco vello.

Martes de Entroido

Neste día festivo do martes de Entroido, 17 de febreiro, as carrozas, comparsas e charangas concentraranse ás 16.30 horas na avenida de Ferrol, de onde partirá o gran desfile de Entroido ás 17.30 horas en dirección a Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa da República do Salvador, rúa do Hórreo, rúa da Senra e avenida de Xoán Carlos I.

Ás 20.00 horas actuará a Charanga Ardores na Sala Capitol, onde unha hora máis tarde será a entrega de premios ás mellores carrozas, comparsas, disfraces de grupos, de parella e individuais.

Como xa anunciou o Concello, este ano aumentan as contías dos premios, equiparando os galardóns das comparsas de Santiago ás de fóra, e creando un cuarto premio. Pilar Lueiro lembro que este nesta convocatoria tamén se premian os centros de ensino, cunha categoría especial, para valorar a implicación da comunidade educativa.

Consulta e descarga toda a programación

COMPOSTELA ENTROIDO 6 FEBREIRO 2026Download

Queima do Meco

O programa de Entroido continúa o mércores coa queima do Meco ás 21.00 horas na praza Roxa. Alí chegará despois de saír ás 20.00 da praza do Toural acompañado pola comitiva fúnebre que encabezarán Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, Os Armatroulas de Laraño e a Charanga BB+ de rigoroso loito.

Antes diso, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos levará os Bailes de Entroido de Muros, Noia e Costa da morte á praza de Cervantes ás 18.00 horas e ás Praterías ás 18.45 horas.

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 21 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente e co Entroido de Conxo que ofrecerá unha amplo programa de actividade ao longo de toda a xornada, incluíndo comparsas, sesión vermú, xantar popular, atranques, concursos de orellas e filloas e foliada.

Ademais, os centros socioculturais ofrecen unha ampla programación especial de Entroido, con ducias de obradoiros de balde para todos os públicos. Entre eles, un de atranques de Entroido da Ulla para crianzas no CS de Santa Marta o mércores 11 o de chapeus de Xeneraliñas da Ulla e de atranque. O xoves 12, nenas e nenos poderán aprender a elaborar chapeus de xeneraliñas da Ulla no Espazo Apego.

Se ben actividades principais se concentran entre o sábado 14 e o domingo 21, a responsable municipal de Festas lembrou que “o Entroido na nosa cidade esténdese ao longo de todo o mes, pois este sábado 7 comezará en Marrozos e rematará o sábado 28 en Sar”.

Cartaz

O cartaz este ano representa unha mesa inzada de bos xantares de Entroido presidida polo Meco e coa participación de figuras representativas de Santiago coma os Xenerais e os cabezudos.

Post navigation

Previous: Día dos Medios en Galego 2026 no 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela
Next: Vivenda, comercio local ou infraestruturas centran o debate orzamentario en Ames

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.