Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Mazarelos acollerá múltiples actividades por  San Xoán

SONY DSC

SONY DSC

Compostela, 19 de xuño do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a segunda edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade.

O obxectivo deste programa é aproveitar a gran tradición que teñen as festas de San Xoán na cidade, con multitude de cacharelas por todo o termo municipal e unha implicación veciñal moi importante, e así potenciar o seu atractivo turístico, tanto para o mercado doméstico coma internacional.

O evento arrancará a tarde do xoves 22, completando a programación que artellarán para o Día de San Xoán os distintos colectivos, barrios e asociacións da cidade, enriquecéndoa con accións que se prolongarán ata o sábado 24 para festexar a chegada dos días máis longos do ano.

A praza de Mazarelos será o punto central do evento. Na praza instalarase un mercado tradicional, unha área gastronómica para gozar dos produtos típicos desta arraigada festa, concertos e clases de baile tradicional, un espazo palleiro para os máis cativos e actividades e obradoiros interxeracionais para a posta en valor dos ritos e tradicións de San Xoán.

Na tarde e na noite do 23, o tren turístico circulará de balde para fomentar a mobilidade, tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes, que así poderán transitar a diferentes cacharelas da cidade. O tren turístico sairá ás horas en punto dende o CGAC con paradas na avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Carballeira de San Lourenzo e avenida de Xoán Carlos I.

Este ano farase tamén un acto, en colaboración do Concello de Boqueixón e a Asociación do “Castro da Fervenza de Callobre”, do Concello de A Estrada, para recuperar o sentido da celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais no Pico Sacro. O facho co lume sagrado do Pico Sacro ficará dende o xoves 22 en Mazarelos a disposición daqueles que queiran prender con el as súas fogueiras de San Xoán.

O evento rematará na noite do sábado 24 cun obradoiro de elaboración de queimada, un concerto de música tradicional e, finalmente, un conxuro con degustación de Queimada. O programa completo pode consultarse na páxina web de Turismo de Santiago.

Post navigation

Previous: Comeza o  ciclo de cine australiano no que colabora a USC
Next: Carmen Lemos será a presidenta da Comisión de Orzamentos Participativos

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.