займ срочно

María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica que outorga a Deputación

0

Bisbarra, 11 de outubro do 2021 –   A compostelá María Meijide coa súa obra “Drama en el polígono” é a gañadora do XVI Premio Internacional de arte gráfica convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

A obra de María Meijide, elaborada con técnica mixta (litografía sobre aluminio + chine collé) foi escollida por un xurado composto por Miriam Pérez Fernández, Marta María Fermín Rodríguez, Isabel García Elorrieta, Manuel Ignacio Martínez Antelo e Jesús Mateos Brea, e presidido pola responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz como secretaria. Na xuntanza, celebrada na Fundación CIEC de Betanzos, tamén estiveron presentes o comisario do premio, Pedro Galilea, e o presidente da Fundación CIEC, Jesús Núñez.

“Drama en el polígono” foi escollida como gañadora entre as 135 obras presentadas que procedían de 23 países distintos e o xurado salientou no seu ditame “o tratamento do debuxo, a textura da imaxe e a utilización de técnicas tradicionais como a litigrafía para facer un debuxo lúdico e menos clásico”.

“Utiliza a estética do comic actualizada, á que achega elementos propios da litografía”, argumenta o xurado na relación de méritos para a concesión do premio polo que María Meijide recibirá un total de 6.500 euros .

O xurado decidiu conceder tamén dous accésits a Juan Escudero García, pola súa obra “3 grados” e a Julia Marco, por “Places: One”, que se beneficiarán dunha Bolsa de Formación nun Curso do Máster sobre obra gráfica que organiza a Fundación CIEC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies