Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ribeira

Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño

A zona pertencente a Ribeira atopábase en plena cría da píllara das dunas

Esplanación na praia de Aguiño en Ribeira

Ribeira, 11/06/2026 – ADEGA denuncia que a praia do Róbalo, en Aguiño, concello de Ribeira, sufriu labores de explanación, movementos de area e eliminación de vexetación dunar na época na que está en plena cría a denominada píllara das dunas.

Os traballos tiveron lugar o sábado día 6, en vésperas do Día Mundial dos Océanos. ADEGA especifica que estas actividades desenvolvéronse sobre a propia praia e afectaron hábitats de interese europeo incluídos en diversos anexos e regulacións como por exemplo o referido ás “Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea -dunas grises” consideradas prioritarias.

O espazo degradado inclúese, asemade, dentro da zona de presenza e da zona critica da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), ao abeiro do determinado polo plano de conservación deste taxón aprobado polo Decreto 9/2014. Esta especie de ave, considerada “vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007), áchase en plena época de reprodución.

Priorizar conservación ou turismo?

Cando aínda non se cumpriu un ano do traspaso efectivo de competencias da costa á Xunta de Galiza, esta nova agresión aos hábitats e especies protexidas pon a proba a xestión da Xunta do litoral durante a tempada de verán.

Só en 2025, a consellaría que dirixe Ánxeles Vázquez autorizou máis de 400 chiringuitos nas praias galegas, aos que lles permite, ademais, permaneceren abertos dende a semana santa até final de verán, con subvencións de 1 millón de € para facelos máis “biosostibles”. Semella, pois, bastante claro “cal é o obxectivo da Xunta: converter a costa galega nun decorado para o turismo masivo” explican responsables de ADEGA.

ADEGA agarda que a denuncia destas actuacións dea lugar a unha contundente actuación por parte da Xunta. Esixen de Medio Ambiente que inspeccione in situ o lugar para verificar o alcance e natureza das afeccións detectadas.

Debe comprobar tamén a legalidade das actuacións realizadas, e a existencia das autorizacións ou avaliacións ambientais que resultasen preceptivas habida conta dos valores naturais presentes neste espazo.

ADEGA solicita tamén que adopte as medidas cautelares precisas para evitar a continuidade ou agravamento dos danos e, no caso de apreciar infraccións da normativa, incoar o correspondente expediente sancionador e impoñer as medidas de restauración precisas.

Post navigation

Previous: Rehabilitar e alugar a cidade histórica de Compostela
Next: O Mimarte Fest o 26 en Ribeira

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.