Compostela, 2 de marzo do 2022 – Despois de vender todas as entradas da primeira cita convocada, Manu Chao dará un segundo concerto en Compostela.
Manu Chao anunciara un concerto na Capitol o próximo 9 de marzo que vendeu todo o aforo en moi pouco tempo. Esta demanda fixo que o artista decidira dar outro concerto o 11 no mesmo espazo.
Manue Chao tamén duplicou o concerto de Lugo previsto para o día 13 que se repetirá o 15. As entradas están a venda en www.entradium.com.
El Chapulín Solo
‘El Chapulín solo’, o apelativo baixo o que se presenta Manu Chao, sube nestes concertos ao escenario coa su guitarra en formato acústico acompañado de Lucky Luciano (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión).
No seu repertorio, temas novos e temas de sempre. Músicas híbridas, froito do seu encontro entre culturas e tradicións populares. Nas súas propias palabras: “Canciones de rompe y rasca, rolas musicarias, mundos al revés, ‘ekivokadas’ vidas, vecinas del patio y despedidas clandestinas. Calles y más calles. Bodas y banquetes, entierros y malas vidas”. Sen perder nunca de vista os seus tres puntais fundamentais: alegría, loita e compromiso.