Bisbarra, 1 de xuño do 2021 – Manolo Hernández ven de completar o Camiño de Santiago número 95, un bo momento para saber algo máis del e da propia ruta.
Falamos con Manolo cando xa prepara novas etapas para chegar á centena de Camiños. Considerase galego de adopción despois de tanto tempo xa que o seu amor pola ruta comezou hai xa moitos anos
Si hai alguén que nos pode falar dos cambios que ao longo de estes anos se produciron na ruta é este peregrino. Algunhas das cousas que máis valora se non se perderon si que se foron desvirtuando

Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros
Como para outros moitos o Camiño é para Manolo unha terapia, un xeito de atoparse a un mesmo que debería de ser obrigatorio
Son moitos os recordos e moitos os lugares que recomendaría. Danos un feixe deles e entresacamos un no Camiño Portugués e outro na ruta Francesa
Cando escribimos esto Manolo Hernández ven de novo cara a Santiago desde Valença do Minho, pola ruta portuguesa. Segue facendo amigos en cada pobo e aldea pola que pasa, algo que vai contando nun grupo de whatsapp ao que vai incorporando xente. Si o ven pasar non deixen de falar con el se queren descubrir a un verdadeiro peregrino.

