Bisbarra, 4 de xuño do 2021 – Xuño será un mes de protestas na rúa e si esta fin de semana será contra a implantación de eólicos a do 13 defenderá o entorno da Casalonga.
Este sábado día 5 colectivos de toda Galicia sairán a rúa en Compostela para protestar polos proxectos de parques eólicos. Nunha recente rolda de prensa cualificouse as peticións de estas instalacións como “unha demolición e non unha transición”.
A mobilización “Eólicos así non!” partirá da Alameda as doce do mediodía de este sábado. A protesta percorrerá a cidade ata chegar ao Obradoiro. Na praza gardarse un minuto de silencio polos “teritorios destruídos e os ameazados” para a continuación ler un manifesto.
13 de xuño contra a canteira da Casalonga
A Plataforma Casalonga libre de residuos apoia a manifestación dos eólicos como eles apoian a que a Plataforma organiza para o seguinte sábado.
A protesta de Casalonga Limpa de Residuos partirá tamén as doce doi mediodía. Antes de saír da Alameda colgarase unha pancarta xunto as que están colocada contra a Mina de Touro e o Vertedoiro de Miramontes. A marcha chegará ata a Quintana onde tamén se lera un manifesto.
Para chegar ata a Alameda a Plataforma pon a disposición dos veciños autobuses pero tamén organiza unha camiñata desde os terreos da canteira. O colectivo pedirá ao concello o corte da estrada da canteira, desde as 8 da mañá ata as 3 da tarde, para facilitar a saía e como símbolo de propiedade do viario.