Compostela, 22 de xaneiro do 2024 – Milleiros de persoas encheron as rúas de Compostela para protestar pola contaminación e “en defensa do futuro do noso mar”, o lema da convocatoria.
Unha vez máis a capital de Galicia serviu de altofalante a nivel nacional para protestar pola contaminación no mar. Máis de vinte medios de comunicación cubriron unha manifestación que, desde a Alameda ao Obradoiro, percorreu as rúas da cidade.
Desde organizacións ecoloxistas e sindicatos ata partidos políticos, excepto o Partido Popular, participaron na protesta. Os primeiros defendendo medidas más contundentes ante crises coma as dos plásticos, e os segundos avanzando as medidas que tomarán se chegan a gobernar.
Candidatos como Ana Pontón, Xosé Ramón Gómez Besteiro, Marta Lois ou Isabel Faraldo defenderon medidas máis restritivas ante os evidentes riscos do transporte de certas mercadorías fronte as costas de Galicia.
As consignas que se coreaban e as declaracións dos candidatos fixeron referencias directas á xestión da Xunta de Galicia e pediron unha implicación maior do organismo autónomo, o gran ausente na convocatoria.