Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Colaboradores
  • Compostela

THELMA (2017) de Joachim Trier e o documental 78/52 (2017) de Alexandre O. Phillipe na visión de Mandingo

78_52_slide

Cunha curiosa expectación, Cineuropa presenta a cuarta longametraxe do director danés (aínda que con corazón noruego), que asina tamán xunto a Eskil Vogt, o guión.

THELMA é unha coidadísima e profunda produción cunha inquietude estética que asinaría o Terrence Malick máis poético, de grande poderío visual e cun elevado virtuosismo nos encadres, para maior gloria de Jakob Ihre, habitual director de fotografía de Trier. Moito alarde de músculo creativo, levado cun ritmo intencionadamente parsimonioso, que produce unha certa inquedanza , en grande parte polo ardid que fai o cineasta nos primeiros minutos de metraxe. De forma imprevista, consegue captar toda á atención do espectadores, cun xiro que xea a respiración e que mantente durante boa parte da proxección preguntando: porqué cambiou o pai a puntería do rifle de caza?.

Bo truco, e mellor trato.

Thelma (Eli Harboe) é unha rapaza que deixa a aldea na que vive para estudar Bioloxía na Universidade de Oslo. É unha rapariga tímida, sen amigos e cunha orixe familiar de profundas e marcadas conviccións relixiosas. A relación que ten co seus país é fría, severa, distante, especialmente coa súa nai, que móvese nunha cadeira de rodas e bótalle unhas miradas entre retadoras e medorentas. Qué está a pasar con ista familia?.

Saberémolo, sí, pero no seu debido tempo. Cando o director e só él o considere oportuno. Por moito que removámonos no noso asinto intentando adiantar á trama, ise tempo narrativo que posúe a película vai en beneficio dunha mellor comprensión da historia. A proposta de Trier lémbrame moito o clima que respírase no filme de 2015 THE WITCH de Robert Eggers. Unha das mellores producións de xénero fantástico dos últimos anos e que entronca de forma exitosa cunha serie de títulos con rapaces que levan consigo segredos inconfesables coma a Eli de LAT DEN RÄTTE KOMMA IN (2008) -Déixame Entrar- outro memorable traballo que asina Tomas Alfredson ou os nenos de Wolf Rilla no seu VILLAGE OF DAMNED (1960).

Só cando Thelma descubre a súa especial condición e cando acéptaa, pode revertir todo o dano que os seus actos van causando, de maneira involuntaria, coma a versión oposta ó Damien de DAMIEN: OMEN II (1978) de Don Taylor, que unha vez que sabe o que é intensifica o seu poder cara a maldade. O curioso, é que para liberarse dese pesado xugo, ten que renunciar a súa fe, que era en realidade a áncora que evitaba tal fuxida. Un plantexamento dunha contundente crítica á relixión, pero elaborada dunha forma elegantemente respectuosa. Moi difícil de conseguir este resultado coa brillantez que amosa Trier.

Sopro de aire fresco para un xénero que nos últimos anos intenta revitalizarse con propostas dun terror máis “psicolóxico”, de insinuar máis que de amosar; de non usar a música para conseguir o susto fácil, nin a figura que aparece o final da habitación cando abrimos moi despaciño a porta. Intelixencia ó Poder, que dirían algúns. Película nas antípodas dise outro cinema repetitivo en situacións e historias vistas xa mil veces.

Moi recomendable.

 Seguiremos a traxectoria de Joachim Trier con interese de aquí en diante e xa vos iremos contando, pero agora o que toca é falar do documental 78/52 (2017) de Alexandre O. Phillipe que preséntase case en primicia no Cineuropa (o estreo no Estado foi o mes pasado en Sitges), e que a pesar das horas nas que proxectouse, contou cunha boa presenza de público. Teño que recoñecer, que tiña un especial interese en visionalo traballo de Phillipe aínda que non son moi seareiro do “mago do suspense”. O título vai referencia ás 78 configuracións de cámara e os 52 curtas de plano que precisáronse para rodar a mítica secuencia da ducha e o acoitelamento de Janet Leigh no PSYCHO que Hitchcock filmara no 1960.

Por desgraza, o que eu esperaba coma un estudo meticuloso dunha catedrática lección cinematográfica sobre técnica, edición e mestura de sons, converteuse pouco menos que un documental realizado por e para o fandom menos esixente do director británico. Tremendamente decepciónante. Para iso, quédome coa mellor labor de investigación que fixeron Toni Bestard e Marcos Cabotá no 2015 para o seu I AM YOUR FATHER, cun sentido homenaxe a David Prowse.

Pero xa que estabamos metidos no allo, había que ver para onde tiraba a cabra, e polo menos puidemos disfrutar das curiosas anécdotas de rodaxe que contou Marli Renfro, a dobre de corpo de Janet Leigh, os comentarios de Peter Bogdanovich -que apúntase a todas- ou de xente do oficio coma Guillermo del Toro, Mick Garris, Danny Elfman ou Jamie Lee Curtis.

Case pasaron de puntillas ante o feito que, ainda que a idea de rodala secuencia da ducha coma unha película ó marxe da rodaxe de PSYCHO foi de Hitchcock, realmente toda a planificación e montaxe disa escea que dura menos de un minuto e que levou sete días rodala, correu ó cargo de Saul Bass en maior medida. Certo que tanto Russell, e sobretodo Tomasini axudáronlle. Pero o mérito recae en Bass e… no grande Bernard Herrmann, co achado de meter ises cortes asonantes e estridentes de violín a modo de coiteladas que nunca chegamos a ver entrar na pel da pobre Marion Crane.

Recoñecendo a impronta que deixou na cultura popular tanto a secuencia coma o resto do filme  -na derradeira pelexa que teñen Sugar Ray Robinson e Jake La Motta en RAGING BULL  (1980), Scorsese a filma cunha innegable influencia- e a violencia das imaxes para a época, non a vexo coma a “magnus opus” do director que moita xente sí ve. Dado que ó cineasta inglés dáballe un pouco igual a valía dos guións (no senso de contar un historia clásica, que desvirtuaba co tema do “Macguffin”), case que prefiro THE BIRDS (1963) ou REBECCA (1940) fronte os VERTIGO (1958) ou NORTH BY NORTHWEST (1959) por citar algunha.

Vémonos nos cinemas. Vémonos en Cineuropa.

Post navigation

Previous: #cineuropa31 recibe a Costa Gravas
Next: Vedra impulsa o proxecto YouthNest.crea

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.