Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Colaboradores

Mandingo segue debullando para Lindeiros algunhas das pezas de Cineuropa

ninhos-colarse-isla-tesoro-slide_r

Cineuropa avanza con forte ritmo e unha elevada presenza de público de tódalas idades que viven con entusiasmo estas datas de festa para tódolos amantes do Sétimo Arte. Un pracer, por certo, coñecer a parte do Xurado Novo do Certame. Sangue nova para seguir facendo da capital compostelán o grande epicentro dos eventos galegos por e para o cinema.

A aposta decidida por ofertar producións de outras latitudes de moi difícil exhibición dentro das canles comerciais é unha das grandes bazas de Cineuropa, non a única, pero seguramente a que máis recoñecemento ten nas querenzas dos habituais dun Cineuropa que vai polo seu trinta e dous aniversario (meu Deus -que diría Higgins- , coma pasa ó tempo aquí, lonxe de Sildavia).

As recomendacións de hoxe son o filme arxentino TIGRE (2017) da parella artística Silvina Schnicer e Ulises Porra (con escrito da primeira), e que xoga a recrear nas imaxes ó Realismo Máxico que inventara nos seus formidable mundos o grande e universal “Gabo” e o documental francés L´ ÎLE AU TRÉSOR (2018) de Guillaume Brac, idílico conto naif que revela a especial idiosincrasia da multiplural e cultural sociedade francesa a través dos ollos dos empregados dunha praia-lagoa fluvial nas aforas de Paris e dos seus visitantes, no tempo do estío.

Existe unha fonda e arraigada tradición documentalista no país francés onde os seus cineastas son respectados e apoiados tanto polo seu propio pobo coma dos seus dirixentes (na maioría das veces) e que consideran á Cultura e por derivación ó Cinema, coma bens imprescindibles para a boa saúde do libre pensamento. Por tanto, non é de estrañar que o subxénero do documental (e os seus profesionais) teñan o respecto que non hai por estas terras áridas na distribución de todo o que sexa sospeitoso de facer un viveiro de futuras mentes críticas ou inquedas.

Brac, de maneira moi amable, reflicte unha pluralidade de facianas, cores, credos, idades… dende a tolerancia e o maxisterio (fermosas ás leccións dos gardas de seguridade antes os cativos que queren colarse no recinto), de canto doce aos primeiros amores dende o respecto ao xénero oposto ou da sutil crítica da precariedade laboral da mocidade.

O cineasta, usando moitas veces a cámara co plano fixo, deixa que os “actores”, xente real minimamente dirixidos (as menos veces) e cun exiguo e non necesario guión (cando menos nos seus diálogos) deambulen libremente fora das marcas. Auténtico cinema “realité” que tradúcese nunha proximidade aos nosos ollos, de moi agradecer e que leva cun magnífico ritmo que flúe en consonancia coas secuencias dos diferentes protagonistas.

Lembra, pero só iso, a maneira tan excepcional de levala cámara que Agnès Varda regaláranos nesa formidable película do 2017, e que tamén gozamos no Cineuropa do ano pasado, titulado VISAGES VILLAGES. Hai moito máis formulación cinematográfica na longa de Varda, pero o grande éxito de Brac é facer un filme de incuestionable autoría, non tanto pola súa orixinalidade senón pola magnífica composición de planos que desprega durante o visionado. Hai homenaxes sinceros dunha elegancia pictórica as obras de Degas, Monet, Seurat, Cezanne, Manet ou Renoir. Véxoo nos bañistas, nos larpeiros das merendas na beira do río, nas rapazas xogando entres os arbustos. Un achado delicioso, para os amantes da policromía pictórica.

Moi recomendable. Lección de “savoir-faire” amable que honra ao subxénero documental. Se tedes ocasión levade aos vosos cativos. Agradeceránvolo.

E saltando ao carón do Atlántico Sur, imos ata a provincia de Tigre, na xungla máis atípica arxentina para mergullarnos na decadente elegancia dunha familia vinda a menos que volta a casa de verán no medio da selva case-amazónica que vai no Delta del Tigre, marco local no corazón das tebras, habitado polos indíxenas que rin e fan caso omiso moitas veces das solicitudes dos brancos da capital.

TIGRE é unha parsimoniosa e lenta historia (que non aburrida) que vai da man cos solpores do calor tórrido que teñen que soportar os locais. Historias cruzadas de personaxes, cos seus propósitos de mellora, agochando os seus pecados, tentando recuperar o brío de tempos pasados e que xa non volverán, por moito que eles queiran auto-enganarse.

Lograda ópera prima dos directores, cunha historia non moi habitual para segundo que padais, pero que leva a linguaxe común do ben filmado, respectando os tempos narrativos e que só no seu epílogo permítese unha resolución aberta, coma esas grandes obras mestras inconclusas que o grande Velázquez ousaba facer el e só el.

Macondo, a decadencia da Casa dos Buendía… só falta o recen nado co rabo de porco. Boa dirección na Arte (sinxela, concisa pero impecable) de Ana Wahren que xa chamara a nosa atención pola súa labor no THERE BE DRAGONS (2011), panfleto asinado polo outrora grande Roland Joffé e que fainos esquecer que estamos vendo un filme, tal é a relevancia que adquire a indómita natureza que rodea aos protagonistas.

Merco con gusto a historia gozada, de xentes que falan cos seus silencios e miran coas olladas distantes, afastadas, cansas.

Outro bo filme.

Vémonos no Cineuropa e seguiremos a falar da nosa paixón.

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas une
Next: Les Luthiers volven a Compostela

Máis novas

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.