Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Colaboradores

Mandingo foi a ver: Kingsman 2

kingsman-2-critica-cine-slide-16-outubro-2017_r

KINGSMAN: THE GOLDEN CIRCLE (2017) de Matthew Vaughn :

Mandingo. Cinéfago voraz e compulsivo cunha clara mellora nas súas relacións sociais. Unánimente recoñecido “polo tipo que ninguén quere escoitar falando de cine”, criouse sen avoa. Se vostede atopa con él, protexa o seu peto ou saia correndo.

Dende ai uns anos, por mor do éxito de sagas coma Twilight (2008), The Hunger games (2012) ou The Maze runner (2014), as grandes compañías cinematográficas filman cada vez máis produtos con adolescentes que asumen responsabilidades e roles de maiores, nuns contextos xeralmente caóticos ou de postapocalipse. Producións revestidas do dourado da pirita pero baleiras de orixinalidade, aburridas ata fartar e concibidas para un público con mínimas exixencias. Unha praga.

Pero mira ti por onde, no 2014, Matthew Vaughn sorprendeu a crítica e público cun irreverente e fresquísimo filme titulado Kingsman: the secret service. Un auténtico “sleeper” (perdoen polo anglicismo, pero dado que é un título británico…) en toda regra. A historia collía a fórmula doutros éxitos (rapaz problemático chamado a ser escoria de rúa, recollido polo mestre – Colin Firth, no rol de Harry Hart- que ofreceralle á oportunidade de desenrolar todo o seu potencial coma ao pequeno saltamontes). E aí rematan as similitudes.

Por que o gran achado do cineasta coma da súa guionista habitual Jane Goldman (Stardust, Kick-ass) é o de contar cousas moi serias cun grao de vandalismo escatolóxico e politicamente incorrecto herdado de filmes coma Trainspotting (1996) de Danny Boyle ou se me apuran desa xoia ácrata titulada Bad Santa 2 (2016) de Mark Waters (un título que debería ser de visión obrigada no Nadal en todos os fogares formando unha sesión dobre co It´s a wonderful life (1946) de Frank Capra).

O ton, que semella de ópera bufa non é tal. Hai moito de bo traballo á marxe da estridencia visual na súa montaxe (en especial nas secuencias de pelexas). Pode que algo de culpa a teña Guy Ritchie, (Vaughn foi productor de Lock and stock e de Snatch) aínda que aquí riza máis ó rizo, cunha mestura  -que non axitada- visual coa banda sonora, que por asobaiante vai coma anel o dedo. Noutras producións que xogan a ser “serias” coma ás de John Woo poderían sobrar.

Para todos aqueles que non viron ninguha das dúas dicirlles que ó final da primeira, o noso protagonista Gary Unwin (o actor Taron Egerton), salva o mundo dunha ameaza global o mellor estilo 007. No derradeiro suspiro acaba co malo e consigue as atencións da princesa enxaulada. É innegable as continuas referencias ó Universo nado da mente de Fleming (o escritor, non o da penicilina), en especial a asinada por Peter Hunt no ano 1969 On her majesty´s secret service ou a soidade coa que deben enfrentares os membros de Kingsman e a súa disconformidade coma xa fixera o Bond de Spectre (2015) de Sam Mendes.

Nesta segunda entrega e tras unha hecatombe en Kingsman, Unwin e mais Merlin, -un trasunto de “Q” encarnado por Mark Strong, actor da estirpe dos Stanley Tucci ou Paul Giamatti que son capaces de dar crédito interpretativo sen apenas parpadear; e dicir, a antítese ós Ryan Gosling ou ós Joaquin Phoenix de turno que por poñer faciana de empanada de xoubas pensan que poden ser tan “cool” coma fora o gran Steve McQueen-, teñen que partires a fume de carozo rumbo ós EE. UU.  para solicitares axuda “do amigo americano”.

Recoñezo un acerto como reclamo para o despacho de billetes nos EE.UU. a inserción dun novo elenco de actores do Novo Continente, aínda que pouco achegan na bagaxe da trama, pero sempre é pracentero disfrutar dun Jeff Bridges na pel de “Champ”, o xefe de Statesman, papel que lembra moito o de Roy Pulsipher nesa ida de pucheiro que foi R.I.P.D. (2013) de Robert Schwentke, ou as continuas chiscadelas coreográficas a Game of thrones de Pedro Pascal con látigo metade Indiana Jones e lazo metade Wonder Woman. Agradécese a sorte de Tequila, un tipo duro que tapa furados cuspindo o tabaco que roe, papel asignado a ese trozo de boi que é Channing Tatum.

Pero dicíamos que os Kingsman andan a procures de reforzos para descubrires quen está detrás dunha nova ameaza a nivel global. E aquí entra a empresaria de éxito Poppy Adams (Julianne Moore), toliña por que se lle recoñezan os seus méritos coma visionaria dun Novo Orde, pagado eso sí a prezo de ouro, ou se non, que cada un atéñase as consecuencias. Caprichosa e vanidosa, pasa o tempo picando carne ou escoitando música interpretada polo propio…  ¡Elton John!. 

Teño que quitarme o chapeu polo que é a mellor autoparodia dun star system que levo visto en moito tempo. O músico británico semella coma unha gárgola multicores no Mardi Gras, sen ningún respeto para a súa lenda. Hilarante e sorprendente  a proposta de estares ante un novo heroe de acción. ¿En serio?. Non, evidentemente, pero coma bizarrada nivel “nunca tal cousa vin”, chégalle dabondo. Para que vos fagades unha idea é coma se por estes lares Carmen de Mairena, vestida de vedette do Folies Bergere dera unha malleira de campeonato a un reximento completo dos Tercios.

Paseino ben, rin a gusto e vou calar todos os spoilers que empuxan dentro da cáscara que teño por enriba dos ombreiros. Non ten o frescor orixinal da primeira (descubriches á pólvora, Mandingo…), pero mantén tódalas propostas transgresoras cun axeitado criterio. Insisto que o filme plantexa de maneira disimulada, cuestión moi serias de legalizacións, distribucións, produtos nocivos para á saúde autorizados para o seu consumo masivo e outras cuestións que non me compete a min dicir “si arre, ou só”.

Para acabar, quero subliñar que este tipo de propostas teñen o meu máximo respeto e o que diferenza entre un bo produto de entretemento e outro que non (non estou a falares do cine de “Arte e Ensaio”), é na maioría das veces, a procura e protección dun orzamento e o recoñecemento os membros que integran o reparto técnico-artístico. Por iso os británicos, estadounidenses ou franceses compiten coma compiten e nós, aquí, andamos cunha chea de “Torrentes” e “Apelidos”.

Post navigation

Previous: Un equipo da USC, segundo Premio no Congreso Mundial de Enxeñaría Química
Next: LibreCon 2017 investigará a creación de prototipos con tecnoloxía libre

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.