“Todo o que está a acontecer é moi triste. El é un tipo xenial” -Donald Trump, candidato oficial do Partido Republicano á presidencia dos EUA (25 de xullo do 2016)-.
Ese “great guy” foi Roger Ailes, durante vinte anos o director executivo de Fox News, a rede de noticias ultra-conservadora englobada na mega-lobby corporativo propiedade do misántropo magnate Rupert Murdoch, multimillonario afeccionado a mercar (a golpe de talón) vontades dos ex-presidentes dos gobernos aliados as causas que más lle conveñan.
Ailes, sen dúbida, era grande … de cintura e de voraces varios apetitos, que consolidou un novo formato audiovisual onde os códigos deontolóxicos do xornalismo foron esmagados polo seu enfoque informativo persoal (“dálle á xente o que quere, aínda que non saiban que o queren “) e que en 1996 creou para a nova Fox o xerme do que hoxe coñecemos como”fake news “. Xa non é necesario contrastar a fonte da información, basta con dicir “algúns din que isto é así”, coma unha veterana xornalista dille á moza editora Kayla Pospisil, aspirante a estrela mediática, papel correctamente desempeñado pola actriz Margot Robbie para o Bombshell do cineasta Jay Roach, feliz responsable da notable Trumbo (2015).
Producida, na grande medida, polo empeño persoal da actriz Charlize Theron (ela elixiu a Robbie e a Nicole Kidman coma compañeiras no reparto), Bombshell conta, con logrado ritmo narrativo, a loita desigual á que enfrentouse a xornalista Gretchen Carlson (a cada vez máis indixesta Kidman) para revelar as prácticas depredadoras do mesmo Ailes (o principal, pero houbo máis culpables). A historia divídese entre as vivencias das tres locutoras (o rol da Robbie, é o único ficticio, pero é suma doutras vítimas) e a particular perspectiva que ten dos feitos ó sátrapa Ailes, que entende coma algo seu e obvio as exixencias sexuais ou exhibicionistas ás que somete as súas subordinadas. No seu foro interno coida que non fixera nada malo e a única indignación que semella ter, mesturada co desprezo e odio, é a de non poder finalizar la tarefa mesiánica co Destino otorgoulle.
Iso, o cando menos, poder aspirar a xubilarse na empresa que axudou medrar ata límites inimaxinables con beneficios de 1.500 millóns de dólares anuais. Esa empresa na que todos formaban parte como unha familia leal, -o primeiro- e feliz si aceptabas as súas normas internas de comportamento; vixiados por ese exército na escuridade de empregados-espía ao servizo dos comisarios políticos da planta (ata vinte e catro tiña na nómina Ailes), cos teléfonos pinchados gravando conversas dos traballadores y coa obriga de levar vestidos axustados, con xenerosos escotes ou saias “ARC” para as mulleres, maquillaxe y peiteadas como barbies, moitas delas silentes y sorrindo ante os muxidos dos macho alfa engarabatados. E isto non acontecía baixo a éxida talibán, non. Sucedeu na compañía televisiva máis poderosa nos EE.UU. ata vai catro anos.
Confeso co filme non era una prioridade inmediata pero a viva recomendación dunha lectora -grazas, Ana- motivoume non só ao seu visionado se non tamén ao da serie The Loudest Voice (2019), biopic centrado máis na figura de propio Ailes e as maquinacións e intrigas, como un alter-ego terrible daquel Francis Underwood que bordara o defenestrado Kevin Spacey. A serie, capitalizada polo polifacético Tom McCarthy, unha das voces máis preclaras da Industria do Grande Hollywood, tormento do republicanismo máis rancio -e que lembramos coma o principal artífice desa pequena xoia titulada The Station Agent (2003); a estoupa lindes trumparianos The Visitor (2007) ou a recente -e magnífica- Spotlight (2015)-, é unha formidable recreación da psique dun personaxe paranoico sen miramentos éticos ante a procura dos seus obxectivos e que interpreta un caricato no exceso Russell Crowe que, pola comparativa, perde con dignidade ante a interpretación que brinda John Lithgow, máis próximo na idade ao personaxe e ¡que demo, tamén mellor actor!.
Dúas ofertas distintas pero que recomendamos con vehemencia. A longametraxe, de estrea actual na grande pantalla, sinalámolo coma prioritario pola brevidade coa que este tipo de cinema permanece nas salas de proxeccións e porque o que denuncia Roach son uns feitos que por desgraza son máis habituais do que coidamos; moitas veces polo temor das vítimas a non ser escoitadas ou crías (o desprestixio profesional que xurde da propia empresa y dos seus asalariados cómplices) ou o mesmo medo a sufrir represalias dos xefes ou os linchamentos nas opinións inquisitoriais e tamén o pavor a exclusión social e laboral… un tormento que semella non ter fin; unha lacra da ignorancia que propágase auspiciado polos Poderes, co amparo dos millóns de sufraxios de aquí e de alá.
Bombshell non é un filme excepcional, pero é tremendo o mérito co que Theron logra reunir tantas primeiras espadas, sen papeis cómodos, e superar as presións de certas compañías audiovisuais americanas para chegar finalmente ás pantallas dos cinemas
Aínda que a derradeira imaxe é a dunha Carlson vitoriosa que, mentres asinaba a súa indemnización (50 millóns de dólares pagou a Fox ás vítimas de acoso sexual -case trinta mulleres-) di con sorpresa que “nunca pensei que remataran por desculparse”, a realidade é ca liquidación que Ailes levou por rescindila súa relación laboral con Murdoch, foi de 40 millóns, palmadiña nas costas e “vivir que son dous días” (e realmente foi, xa que morreu o ano seguinte).
Foi un caso que conmocionou á opinión pública estadounidense, que reaccionou cos movementos de emponderamento feminino que levou sen escusas á Xustiza ao sátrapa H. Weinstein, unha figura moi coñecida e influínte que ten moi difícil librarse do cárcere -como fixo Ailes- e é que sábese que a información é poderosa e non tirar a manta nin acender o ventilador, ten un prezo que só se mide co silencio dos ex-“molt honorables”.
Hoxe, o case nonaxenario Murdoch, observa como o seu imperio de medios de comunicación e propaganda está sendo cortado polas guerras intestinais entre os seus numerosos parentes (pelexas fratricidas, navalla na man sen conceder prisioneiros, entre as súas ex-mulleres e entre fillastros) mentres Fox segue sendo un reduto do conservadorismo máis recalcitrante onde os seus empregados de base seguen baixo a eterna sospeita de ser unha tropa de xantadores liberais de sushi.
Pero polo menos, as mulleres xa poden levar pantalóns …