Bisbarra, 3 de outubro do 2024 – Poñer en valor o territorio é o obxectivo da Mancomunidade de Ordes cunha serie de visitas guiadas que comezan este domingo, día 6, a Tordoia.
As persoas interesadas terán que anotarse no correo casadacultura@concellodemesia.gal ou no teléfono 981 687 241. A Mancomunidade de Ordes comeza así con esta serie de visitas baixo o título de “Terras de Ordes, os lugares do paraíso” que continuaran todo o mes e en novembro.
Tras esta primeira visita a Tordoia continuará outra o 20 de outubro a Cerceda e a última deste mes será o 27 a Ordes. No mes de novembro celebraranse as de Frades (día 10), Trazo (día 17) e Oroso (24 de novembro).
En todos os casos, a saída será desde o Concello de Mesía ás 10.00 horas. En canto ao horario de volta, está previsto que as persoas participantes regresen ás 13.00 horas.
As actividades son de balde, pero requiren de inscrición previa posto que as prazas son limitadas. Así, as persoas interesadas deberán anotarse a través do correo casadacultura@concellodemesia.gal ou do teléfono 981 687 241.