Ordes, 20/10/2026 – A Mancomunidade de Ordes pon en marcha a iniciativa “Saídas de Outono”, unha iniciativa de promoción do patrimonio, a historia e os principais atractivos dos concellos que integran a comarca.
A proposta permitirá ás persoas participantes descubrir de preto lugares de interese do territorio acompañadas por un guía oficial, nunha experiencia que combina turismo de proximidade, divulgación histórica e posta en valor dos recursos locais.
A primeira saída celebrarase o domingo 25 de outubro e desenvolverase ao longo da xornada, cun horario aproximado de 9.00 a 15.00 horas, e rematará cunha degustación de produtos locais, co obxectivo de achegar a riqueza gastronómica da zona.
As persoas interesadas en participar deberán realizar unha previa inscrición xa que as prazas son limitadas e as reservas atenderanse por orde de chegada ata completar a capacidade dispoñible.
Con esta iniciativa, a Mancomunidade de Ordes aposta por promover o coñecemento do territorio, fomentar o turismo de proximidade e contribuír á valorización do patrimonio cultural, histórico e gastronómico da comarca.
A actividade está organizada pola Mancomunidade de Ordes e conta co financiamento da Xunta de Galicia.
Contacto para reservas: 678 776 961
Correo electrónico: info@viaxesalumagal.com
