займ срочно

A mancomunidade de Ordes imparte obradoiros artesanais

0

Clases de fiado e cosmética son impartidos en Ordes, Mesía e Cerceda.

Ordes, 3 de novembro do 2016. Continúan cun alto nivel de participación os obradoiros tradicionais organizados pola Mancomunidade de Ordes.

Nesta ocasión as persoas asistentes aprenderon técnicas de fiado e tamén sobre cosmética. Ordes, Cerceda e Mesía foron os municipios onde, ao longo destes últimos días, se impartiron as clases. Con todos os traballos que se están efectuando dende o comezo desta iniciativa, xa hai máis dun mes, tense  previsto realizar unha ampla mostra no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Ordes) do 16 ao 23 de decembro.

A posta en marcha desta idea conta coa  colaboración da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies