Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Ordes
  • Xeral

Rematan os  obradoiros de emprego B da Mancomunidade de Ordes

A Mancomunidade de Ordes ven de clausurar os obradoiros de emprego “Brañas do Illó Río Samo IV” e “Mancomunidade Ordes II”.
mancomunidade-ordes-obradoiro-emprego-slide-29-setembro-2023-(2)_r

Bisbarra, 29 de setembro do 2023 – A Mancomunidade de Ordes ven de clausurar os obradoiros de emprego “Brañas do Illó Río Samo IV” e “Mancomunidade Ordes II”.

Dúas iniciativas nas que se formaron un total de 40 persoas desempregadas. O acto da Mancomunidade estivo presidido polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Xunto ao delegado participaron na clausura os alcaldes de Frades, Roberto Rey; Ordes, José Luis Martínez; Mesía, Mariano Iglesias; Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; e Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, así como a presidenta da Mancomunidade, Susana García.

Trenor felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados nestes obradoiros e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. Grazas a un investimento de 1 millón de euros entre os dous talleres, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade permitiu a formación de 40 alumnos-traballadores.

Estas accións brindan oportunidades aos seus beneficiarios ao abrirlles unha porta ao mundo laboral e contribuír a mellorar os servizos que se ofrecen nas contornas onde se celebran, puntualizou o representante do Goberno autonómico.

Melloras en Frades

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, agradeceu a colaboración tanto da Xunta como da Mancomunidade e dos concellos de Mesía e Ordes nestes dous obradoiros pois “ademais de ser unha axuda á integración laboral de persoas desempregadas, ás que desexamos que poidan atopar unha ocupación, tamén é unha forma de acometer pequenas obras de mantemento que aos pequenos concellos do rural nos veñen moi ben”.

O obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo IV formou a 20 persoas desempregadas, durante 9 meses e outros 3 de prácticas en empresas, nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte. Cun orzamento inicial de 570.000 euros, dos que algo máis de 66.000 euros foron achegados polos tres concellos participantes, este obradoiro realizou traballos de mellora e posta en valor das áreas recreativas do municipio (Ponte Carballa en Abellá, A Presa en Ledoira, O Muiño de Céltigos e Os Pasos de Aiazo), así como das contornas dos distintos locais sociais das parroquias e lugares como a piscina municipal (Papucín), as prazas de Moar e Papucín, o punto limpo Frades-Mesía (Céltigos), a contorna de San Nicolau (Frades), entre outras actuacións.

Pola súa banda, as 20 persoas do obradoiro “Mancomunidade de Ordes II” formáronse nas especialidades de “Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos” e “Montaxe e instalación de construcións de madeira”. Un taller cunha duración de 12 meses e cuxa actuación centrouse no punto onde se celebrou a clausura do obradoiro: a rehabilitación da estación de ferrocarril da Pontraga (Parada, Ordes).

Novos obradoiros

Na clausura, o delegado da Xunta informou tamén da resolución completa dos novos obradoiros de emprego de garantía xuvenil dirixidos aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para o ano 2023-2024, que permitirá a realización dun total de 6 talleres na provincia da Coruña, onde participarán alumnos e alumnas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nestes talleres na provincia da Coruña máis de 2,5 millóns de euros e na comarca da Coruña, máis de 840.000 euros.

O delegado da Xunta informou de que, en breve, se notificarán os talleres de emprego duais nos que a Xunta fará un gran esforzo para atender a demanda de todos os concellos. O representante do Goberno autonómico lembrou que a Xunta destinará no período 2023-2024 un total de 38,9 millóns de euros á celebración de obradoiros duais cos que pretende mellorar a formación laboral e as posibilidades de inserción dunhas 1.400 persoas desempregadas. 

Trenor destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar á nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. Una vez rematados, despois de 12 meses, dixo, “contemplan a opción de traballar nunha empresa da contorna a través dos incentivos á contratación concedidos desde a Administración autonómica”.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

Post navigation

Previous: O delegado do Goberno vista Ponte Maceira
Next: Padrón acolleu un obradoiro sobre cacao e comercio xusto

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.