Oroso, 25 de outubro do 2021 – O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o alcalde de Oroso, Luís Rey, acordaron reforzar a presenza policial no concello para manter a actual garantía da seguridade pública.
A decisión parte dunha petición do goberno de Oroso. Nunha reunión na Delegación do Goberno, Miñones e Rey analizaron a situación actual no concello. O delegado do Goberno reiterou que se trata dun concello seguro e que a coordinación entre as forzas de seguridade é intensa e frutífera.
José Miñones garantiu o traballo da Garda Civil, que dará continuidade ao intenso esforzo que realiza o Concello coa Policía Local. Ambos mandatarios coordinaron o dispositivo de seguridade e acordaron un reforzo para vindeiras datas.
A maior presenza policial servirá para ter un maior control sobre temas concretos como os ruídos nocturnos ou actos puntuais de vandalismo.eta. O delegado do Goberno lembrou que o índice de criminalidade en Oroso é 17,3 infraccións penais por cada 100.000 habitantes, case a metade da taxa galega situada en 29,7 e moi por debaixo da do conxunto do Estado, que é de 39,2. Isto amosa que Oroso é un dos concellos máis seguros.