Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Máis de 100 actuacións levadas a cabo no Plan de Dinamización da Lingua Galega

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Parlamento os resultados do Plan de Dinamización da Lingua Galega 2016- 2020.
politica-linguistica-slide-normal-23-setembro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 23 de setembro do 2021 – O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Parlamento os resultados do Plan de Dinamización da Lingua Galega 2016- 2020.
    • Dinamización en varias áreas

Bisbarra, 23 de setembro do 2021 – O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Parlamento os resultados do Plan de Dinamización da Lingua Galega 2016- 2020.

Este Plan de Dinamización da Lingua tivo que reiventarse por mor da crise sanitaria. Nos cinco anos de vixencia, leváronse a cabo medidas directas nas áreas de alimentación, publicidade, construción e inmobles, TICs ou hostalería, entre outras.

Valentín García explicou que esta iniciativa soubo reorientarse para seguir cumprindo cos seus obxectivos principais. O fixo, dixo,  “grazas aos distintos plans de reactivación económica postos en marcha pola Xunta de Galicia para incrementar  o uso da lingua en todos os sectores”.

García salientou que desde o 2016 o Goberno autonómico contou con este instrumento fundamental para o desenvolvemento de accións de promoción da lingua galega no ámbito empresarial e comercial. “O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico é o resultado de desenvolver o Plan Xeral de Normalización Lingüística e foi un auténtico revulsivo para concienciar a sectores da economía galega que tomaron consciencia por distintos motivos da utilidade e responsabilidade de usar a nosa lingua á hora de ofertar os seus produtos”.

17,30 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na apertura das Aulas Dixitais que organiza Coca-Cola no marco do Concurso Novos Talentos. No seu despacho do Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2, 1º andar).
foto xoán crespo
04/02/2021

 O Secretario xeral de Política Lingüística engadiu que “Debido á súa necesidade e tamén á súa acollida, poñeremos en marcha a renovación deste plan por catro anos máis ata o 2025”. Valentín García tamén aproveitou para anunciar a sinatura dun convenio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para que investigadores de recoñecido prestixio da dita universidade e da Universidade de Vigo (Uvigo) realicen un estudo sobre o impacto económico da lingua galega no noso sistema económico.

Dinamización en varias áreas

En total, durante os cinco anos de vixencia do plan, realizáronse máis de 100 medidas directas repartidas entre as áreas da alimentación, publicidade, construción e inmobles, asesoramento e intermediación, TIC, hostalaría e xerais. Esta última categoría engloba  aquelas actuacións aplicables a todo tipo de empresas  que non son específicas de ningunha das outras categorías e foi, precisamente, a que sumou o maior número de accións ao longo do lustro, superando o 70% das medidas postas en marcha en cada ano natural. Os sectores da alimentación e da publicidade foron tamén ámbitos de interese para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que en todos os períodos participaron en actividades vinculadas con eles.

Outro aspecto salientable  é que moitas medidas se repetiron en todos ou case todos os anos, afianzando un compromiso cada vez máis firme entre as empresas e a lingua galega. Exemplos disto son os Premios de Publicidade en Galego, a colaboración na celebración do Día da Galeguidade Empresarial, impulsada polo Foro Enrique Peinador, as colaboracións con diferentes empresas e entidades para organizar actividades do Día das Letras Galegas, como  Vegalsa-Eroski, Feiraco ou Renfe, a organización de certames literarios en colaboración con empresas como Coca-Cola, Repsol ou Abanca, as axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega no ámbito económico ou o apoio a diferentes actividades que se realizan anualmente como é o caso de Culturgal ou a xornada Xustiza e Lingua.

Nesta recompilación de actuacións levadas a cabo durante o período 2016-2020 tamén fixo referencia ao efecto das restricións padecidas o pasado 2020 por mor da crise sanitaria. Esta situación provocou unha redución da realización de actividades de dinamización da lingua galega, tamén as incluídas no plan para o tecido económico. A raíz desta situación, lanzouse un novo programa, o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 –agora xa vai pola súa segunda edición– dirixido a dous sectores económicos especialmente afectados pola pandemia, o  da cultura e o do turismo, inxectando máis de 5,5 millóns de euros entre as dúas convocatorias para fomentar nestes sectores as actividades en lingua galega dentro do Plan de reactivación dos sectores cultural fronte aos efectos derivados da covid-19 da Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Seguen os movementos da banca no rural
Next: Exposición fotográfica no Pino sobre os Camiños de Auga

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.