Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Stefano Russomanno falará de Carlo Gesualdo no Luns Do Ateneo

A conferencia de Stefano Russomanno forma parte das actividades complementarias do Festival Ateneo Barroco.

ateneo luns o encanto do disonante 17 outubro 2026

Compostela, 17/10/2026 – O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns 19 de outubro, ás 19.30 horas, na súa sede da Rúa do Vilar, 19, a conferencia “Carlo Gesualdo, o encanto do disonante”, impartida polo musicólogo Stefano Russomanno.

Esta actividade forma parte da programación complementaria da 8ª edición do Festival Ateneo Barroco, que se celebra ata o 20 de outubro en diferentes espazos do patrimonio compostelán. En esta ocasión o Ateneo propón unha aproximación á singular figura dun dos compositores máis fascinantes do Renacemento tardío.

A conferencia afondará na vida e na obra de Carlo Gesualdo (1566-1613), compositor italiano cuxa traxectoria estivo marcada tanto pola súa audacia musical como por un episodio tráxico da súa biografía: o asasinato da súa primeira esposa, á que sorprendeu cometendo adulterio.

Máis alá deste suceso, Gesualdo pasou á historia pola extraordinaria expresividade dos seus madrigais e polo uso libre e atrevido da disonancia, que confire ás súas composicións unha sorprendente, aínda que enganosa, sensación de modernidade.

A charla analizará as particularidades desta linguaxe musical e o seu lugar na historia da música.

Stefano Russomanno estudou musicoloxía na Universidade de Milán e foi coordinador da sección musical do suplemento cultural de ABC entre 2001 e 2018.

Actualmente é redactor xefe da revista Scherzo e colabora habitualmente con importantes institucións musicais, como o Teatro Real de Madrid, a Fundación Juan March ou a Orquestra e Coro Nacionais de España. Especializado na música barroca e do século XX, é autor de diversos ensaios, entre eles Dante Alighieri y la música (2009), La música invisible (2017) e La musa al oído (2023), ademais da novela El concierto (2018).

Post navigation

Previous: “Al calor de tu nombre” de Selena Millares preséntase na Granell
Next: A Deputación acolle o arquivo da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH)

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.