Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con Xabier Castro, acalde de Dodro

Xabier-Castro-alcalde-de-Dodro-slide_132817_r

Xabier Castro, alcalde de Dodro:  “ Estou moi contento da  aprobación da RPT, non tiñamos arquitecto, []  foise bordeando a lei con distintas argucias nos últimos anos de esta democracia cando deberíamos ter un arquitecto funcionario que permitira a toma de decisións en liberdade en materias urbanísticas”

O socialista Xabier Castro chegou á alcaldía de Dodro no 2019. Daquela conseguiu sacar adiante unha coalición co BNG e a Unidade Veciñal de Dodro. No 2023 esa coalición non se renovou polo que goberna cunha minoría de 3 concelleiros fronte a 8; pero pese a iso conseguiu sacar adiante temas de tanto calado como a nova Relación de Postos de Traballo, RPT, ou o contrato de Axuda no Fogar.

Xabier Castro, alcalde de Dodro

Os últimos orzamentos que conseguiu aprobar foron grazas a vinculalos a unha moción de confianza. Os plenos acostuman a ser tensos sobre todo pola actitude de Valentín Alfonsín Somoza, voceiro de Xente de Dodro (partido creado a partir de que o PP o retirara como candidato ás eleccións) que xa dixo en varias ocasións que nunca votaría a favor de nada e que aproveita as intervencións para acusar ao equipo de goberno de distintas cuestións sen presentar proba algunha.

Xabier Castro recoñece que a falta de ese acordo que permita unha maioría absoluta fai que estes dous anos foran difíciles e “laboriosos” xa que para sacar os temas adiante hai que negociar máis e chegar a acordos cos outros grupos. Con todo a valoración do alcalde é positiva e mesmo considera que chegar a acordos nun pleno con cinco partidos distintos ten o seu mérito.

Preguntámoslle a Xabier Castro polo ambiente nos plenos, esa constante crispación que se pode ver na canle de Youtube do concello onde están tódalas sesións. Si é complicado o debate entre cinco partidos, moito máis cando un deles non ten un interese real en propoñer ideas ou defender posturas cun mínimo de sentido común.

Mencionabamos ao principio que pese a esta minoría en estes dous anos sacáronse adiante, non sen dificultade, temas como a RPT ou o SAF, o servizo de axuda no fogar. O alcalde está orgulloso da relación de postos de traballo; unha ferramenta que organizará mellor o que ten que facer cada funcionario pero ademais incorpora a un arquitecto, algo imprescindible para o concello.

Na procura de novos habitantes o alcalde de Dodro conseguiu atraer emigrantes, que atoparan emprego e se asentarán no municipio pero, como pasa en toda a bisbarra, agora o problema xorde coa vivenda. Non hai vivenda de aluguer pese a que hai vivendas baleiras.

Quedan dous anos de mandato e o reto, unha vez aprobada a RPT, e conseguir pequenas modificacións no Plan Xeral de Ordenación Urbana. Cambios que axuden a organizar territorialmente o concello pero tamén que conviden a que pequenas industrias se asenten no municipio.

Xabier Castro é deses alcaldes aos que se lle nota que quere ao seu concello e o que fai. Traballador desde hai moitos anos no aeroporto Rosalía de Castro e xuíz internacional en concursos caninos, tería bastante que facer sen meterse en política pero fala de Dodro cun cariño que fai que un entenda que queira mellorar o concello e a vida da veciñanza. Que o consiga o no o terá que xulgar os cidadáns dentro de dous anos.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do 1 ao 5 de setembro do 2025
Next: Val do Dubra mellora o acceso ao CEIP de Portomouro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.