Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Vedra
  • Xeral

Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

Carlos-Martinez-alcalde-de-Vedra-slide-18-novembro-2021_4995_r

Carlos Martínez, alcalde de Vedra:  “ Temos que mobilizar a vivenda que existe [ ] a nosa pregunta é que podemos facer para que esas 200 vivendas deshabitadas que pode haber no concello saían ao mercado”

Carlos MartínezCarrillo

Vedra ven de sufrir un revés xa que a poboación baixou dos 5.000 habitantes o que implica menos recursos e adaptar os servizos a nova situación. Carlos Martínez Carrillo, o alcalde de Partido Popular, conta con maioría absoluta e levaba tempo preparándose para este contexto.

Falamos con Carlos Martínez dous anos despois de iniciar o mandato para saber en que momento está o concello e de que xeito se reorganizou, que priorizou e cales son os plans para os vindeiros dous anos.  

Comezamos falando de esa caída na poboación e do complicado da xestión. Carlos Martínez explica algo que xa sabíamos, que na xestión local tódolos anos son complicados, todos son “duros”

O prezo da vivenda nas vilas máis grandes, ou máis urbanas, parecía que podía empuxar a volver ao rural. A realidade é que o problema da vivenda é xeneralizado e que tamén nas vilas pequenas loitan día a día para que vivendas baleiras e pechadas saían ao mercado.

Carlos Martínez explica que estes dous primeiros anos foron de reorganizar o concello, de tomar medidas e explicalas xa que algunhas delas podías ser impopulares pero necesarias dada a situación. Hai que dicir que o alcalde de Vedra tamén formou parte da directiva da Federación Española de Municipios y Provincias, FEM; e tamén deputado provincial estes dous primeiros anos, responsabilidades que non o deixaron parar moito.

Carlos Martínez nunha presentación en Vedra

Unha das oportunidades para Vedra é a produción de Albariño ao ser parte da D.O. Rías Baixas, sub zona do Ulla. Esa oportunidade trouxo explotacións de viñedos máis grandes e tamén diferencias de criterio e debate entre grandes e pequenos produtores sobre o que hai que facer. Varlos Martínez traballa para buscar o equilibro e mediar entre eles.

Vedra é un concello no que a cultura, o patrimonio e o ocio mestúranse mes a mes. Desde a Festa do viño da Ulla ata o Entroido. A finais de outubro chegará o Pasabodeghas 2025, un evento que da a sensación de ser menos coñecido que o resto (algo co que non está de acordo o alcalde) pero que en canto saca  venda de entradas estas desaparecen.

Nun concello pequeno sempre hai cousas que facer e sempre cousas que mellorar ou arranxar. Carlos Martínez Carrillo xa anticipou que a mellora das pistas é unha de esas cousas pero outra das prioridades para a segunda parte do mandato é a reforma do centro médico.

Carlos Martínez é un alcalde moi próximo á veciñanza, que sempre estivo involucrado co asociacionismo e que chega a acordos coa oposición con paciencia e debate. Despois de facer esta entrevista aprobábase, por unanimidade, no pleno municipal unha declaración  sobre o xenocidio en Gaza e instábase á Xunta, ao Goberno Central e á Unión Europea a facer todo o posible por deter a masacre.

En Vedra non se debateron os termos, non se xogou coas palabras, algo que pode pasar desapercibido pero non é menor; é unha demostración de que hai xeitos de gobernar distintos aos que saen nos grandes medios de comunicación e que Carlos Martínez Carrillo, polo menos, algunhas cousas as ten bastante claras.

Post navigation

Previous: A Deputación reforma o local da Asociación Saúde Mental A Creba, de Noia
Next: Nova tempada das Foliadas en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.