Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Touro
  • Xeral

Parolando con Darío Rey, concelleiro de medioambiente de Touro

touro dario rey slide

As veces é preciso un mapa para situarse no mundo e si ese mundo é a política moito máis. Darío Rey é o actual concelleiro de medio ambiente de Touro é quen conduce a loita contra a mina pero a travesía para chegar aí non foi doada.

Moi activo nos movementos veciñais desde hai anos, Darío Rey, chega á alcaldía no 2019 dentro do Movemento Veciñal de Touro no que o cabeza de lista é Roberto Castro. Castro ten tamén un pasado que xa ninguén lembra.

Roberto Castro aparece no universo político da bisbarra como concelleiro do BNG en Vedra alá polo 2015. Deixa esa formación para integrarse en En Marea mesmo antes de deixar o BNG polo que os nacionalistas de Vedra o expulsan e piden que renuncie á acta.

De ese concello e esa formación múdase ao Movemento veciñal de Touro ocupando a cabeza de lista xa que Darío Rey, por motivos laborais, renuncia a ela. No 2019 o Movemento preséntase como unha agrupación de electores pero tras catro anos na oposición denunciando a presunta conivencia do concello cos propietarios da mina, en 2023 conseguen ser os máis votados, xa como partido político, e inician o goberno en minoría.

Dario Rey convéncese pouco a pouco de que non está indo todo como el quería. A loita contra a Mina de Touro deixou de ser unha prioridade para Roberto Castro e, despois de que a súa compañeira Angélica Castro deixara o goberno e o concello, pásase á oposición como non adscrito farto de incumprimentos.

O máis recente é coñecido, unha sentenza abre as portas a mocións de censura que se producen en varios concellos, Na oposición de Touro barállase darlle a alcaldía ao BNG co apoio do PP e Rey  como non adscrito pero os nacionalistas rexeitan o ofrecemento e ábrese o camiño para que o PP volva á alcaldía baixo unhas condicións moi estritas impostas por Darío Rey.

Comezamos preguntándolle a Darío Rey por como se sinte estando no ollo do furacán desde hai tanto tempo. A cabalo entre o traidor e o salvador sen acabar de ser ningún dos dous, o concelleiro ten claro que estar exposto publicamente forma parte da loita. Recoñece que lle sorprende, e molesta, que Touro estea en todas partes cando hai polémica e cando se tranquiliza desaparece da escena pública.

Rey lembra que non foi o primeiro en marchar do grupo de goberno. Recoñece que nun primeiro momento seguiu confiando en Roberto Castro pero ao mesmo tempo reivindica o seu traballo na oposición no mandato anterior e considera que foi utilizado por Castro para chegar a alcaldía e unha vez alí converteuse nun “pequeno ditador”.

Pero como chega un concelleiro abertamente de esquerdas, centrado na loita contra a mina, a presentar da man do Partido Popular (que goberna na Xunta e hai un ano declarou proxecto de interese estratéxico á explotación) unha moción de censura? Rey explica ao longo e cinco minutos como sucederon as cousas e que esa non foi a primeira opción pero acabou por ser a única.

Cal é a situación da mina a día de hoxe? Cambiou algo desde a moción de censura? Darío Rey explica que pese á declaración de proxecto industrial estratéxico a explotación non ten concedida a declaración de impacto ambiental polo que todo está no aire; engade que se deron os pasos necesarios para presentarse como acudidos nos procesos xudiciais si esa DIA fora positiva e facelo con profesionais especializados en estas cuestións. Ao mesmo tempo a fiscalía ten denunciado á mina por delitos contra o medio ambiente, procesos nos que o concello quere estar como acudido.

Todo, visto desde dentro, é sempre bastante mais complexo. A situación da mina, do concello  e da política local en Touro necesita dun tempo para ser explicada. Darío Rey leva anos facéndoo a quen o quere escoitar.

Desde que volveu a un posto de concelleiro no goberno déronse pasos na liña que definiu a moción de censura. Ao mesmo tempo o goberno do popular Jesús Reboredo está tamén comezando a recuperar o tempo perdido.

Touro hai anos que non ten moita sorte cos seus políticos, ou coas eleccións que fai que é outro xeito de miralo. Nos menos de dous anos que quedan para as seguintes eleccións a vila ten unha oportunidade de mudar, teremos que estar atentos a si o consegue.

Post navigation

Previous: Ames presenta o programa de actividades deste Nadal
Next: Alertan da situación “límite” do persoal dos CSC de Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.