Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con José Antonio Pereira, alcalde da Baña

jose antonio pereira slide

José Antonio Pereira chegou a alcaldía da Baña por primeira vez no 2019 pero dous anos despois de apoialo o desaparecido, cando menos no concello, Compromiso x Galicia súmase ao PP para unha moción de censura que o levaría á oposición.

No 2023 consigue cinco concelleiros, os mesmos que o PP e chega a un pacto para un goberno de coalición coa única concelleira do BNG, Mónica González  ( que fora compañeira súa no PSdeG e un ano antes das eleccións pasouse ao partido nacionalista).

Ata o momento foi unha lexislatura de “pico e pala” xa que atoparon un concello cunha enorme débeda económica. Cando José Antonio Pereira abandonou o despacho de alcalde pola moción de censura a débeda era de 250.000 €, cando volveu tralas eleccións chegaba ao millón e medio de euros o que marcou a primeira parte do mandato.

A toda esa débeda hai que sumar o turbio asunto dos móbiles desaparecidos, un asunto que está en mans da xustiza pero que fala dun xeito de exercer os cargos como so os concellos foran propiedade do que ten a alcaldía.

Tedes toda a información sobre o sucedido cos móbiles na páxina de novas do concello da Baña https://lindeiros.net/category/abanha/

Pese a eses problemas José Antonio Pereira e o seu equipo traballou arreo en este tempo. O futuro polígono industrial está más cerca, os arranxos no Punto de Atención a Infancia, melloras na estrada de saía cara a Val do Dubra ou a ampliación do abastecemento son algunhas das accións realizadas ata o momento.

O traballo para o que queda de mandato centrarase na mellora e arranxo das estradas municipais e a conexión das aldeas coa capital do concello. Ao mesmo tempo saneamento e abastecemento e fundamental hoxe en día.

No último pleno o alcalde perdeu unha votación un tanto absurda porque o socio de goberno votou co PP (como contamos no seu día https://tinyurl.com/2b74pbvu ). Non quixemos perder a oportunidade de preguntarlle que foi o que sucedeu ou por que pasou.

O alcalde explica que o seu equipo non pensa nas vindeiras eleccións, que traballan pensando en que pasar en apenas dous anos e cando chegue o momento a veciñanza decidirá.

José Antonio Pereira ten as cousas claras e as transmite como as pensa. Nin se alterou cando sufriu unha moción de censura sen apenas argumentos, nin cando volveu no 2023 a ser alcalde; una calma da que fai gala mesmo cando tivo que preguntarlle no pleno ao ex alcalde si sabía algo duns teléfonos que faltaban.

Presume de veciño e, como tal, ten a súa propia visión do que ten que ser A Baña e o que necesita. É o que está tratando de conseguir e nas seguintes eleccións verase si renova ou mesmo amplíar o apoio conseguido en este mandato.

Post navigation

Previous: Ames denuncia a paralización do proxecto de reparación da presa da Ponte Maceira
Next: Os problemas de abastecemento de auga en Touro en vías de solución

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.